A Secretaría de Estado de Turismo organiza uns novos cursos de formación para profesionais do sector turístico no marco do programa Anfitrións.

Nesta edición impartirase o catálogo completo de cursos tanto de Cultura do Detalle (formación en atención ao cliente) como de Destino en Detalle (boas prácticas para a mellora integral de destinos turísticos).

O prazo de inscrición para os cursos de Anfitrións online, de carácter totalmente gratuito para os alumnos, dará comezo o día 3 de setembro e permanecerá aberto ata o 16 do mesmo mes (prazas limitadas a 35 participantes por curso por orde de preinscrición).

Para consultar o programa formativo, calendario dos cursos, acceso á plataforma de formación e toda a información relativa ao proxecto visita: www.anfitrionesturismo.es