Curso de formación en novas tecnoloxías para empresarios turísticos en tempos de Covid

O curso de formación en novas tecnoloxías para empresarios turísticos en tempos de Covid será impartido online por profesores universitarios que compaxinan a súa actividade académica coa actividade na empresa persoal. A formación, que terá un carácter moi práctico e enfócase a hoteleiros, hostaleiros, guías turísticos, pequenos e medianos operadores de turismo, empresas de receptivos ou empresas de organización de congresos e eventos, entre outros.

Esta formación é gratuita e limítase a 100 prazas.

Programa:

Xoves 22 de outubro de 2020 | Horario: 16.00-20.00

FERNANDO NAVARRO e ANTONIO TORÉ (Universidade de Málaga)

1. Presentación do curso
2. Introdución ao Marketing Dixital
3. Estratexia de Inbound Marketing: do contacto á venda.
4. Exemplos de campañas.

Xoves 29 de outubro | Horario: 16.00-20.00

JOSÉ RAMÓN PORTO (Universidade de Santiago de Compostela)

● As novas tecnoloxías na organización
● A importancia de ter un Plan
● Análise de datos. Ferramentas dixitais. O turista dixital

Xoves 5 de novembro de 2020 | Horario: 16.00-20.00

JOSÉ RAMÓN PORTO (Universidade de Santiago de Compostela)

● A web corporativa
● Medios de publicidade online
● Mobile márketing. Vídeo márketing. Asistente virtual. IA
● Exemplos

12 de novembro | Horario: 16.00-20.00

GERSÓN BELTRÁN (Universitat Oberta de Catalunya)

● Deixar pegada: a marca persoal e de empresa na internet
● Ser relevante: o posicionamento en Google
● Xerar contidos: márketing de atracción
● Conversar cos clientes: as redes sociais
Ferramentas: blogues, Facebook, Instagram, Linkedin, Twitter, Youtube, Slideshare, Spotify…

19 de novembro | Horario: 16.00-20.00

GERSÓN BELTRÁN (Universitat Oberta de Catalunya)

● Que nos atopen: a xeolocalización online
● Motivar aos clientes: a gamificación
● Cara á intelixencia turística: a datificación
● Un novo turismo: virtual e aumentado
Ferramentas: google my business, google maps, street view, mapas online, fotos 360, códigos QR…

Inscricións: cetur@usc.es

II Encontro das Conversacións Iberoamericanas: A UE e América Latina; As transformacións en marcha“

Data: O mércores, 21 de outubro do 2020 ás 17.00 horas (hora de España).

O encontro, que ten unha duración aproximada de 40 minutos, dará paso a unha quenda de preguntas e intervencións por parte dos asistentes.

Convidados: D. Fernando González-Laxe, ex-presidente da Xunta de Galicia e Catedrático de Economía na Universidade da Coruña e Dna. Ana Varela, Directora Financeira e de orzamentos da OCDE.

Moderadora: María Cadaval (Directora da Cátedra Iberoamericana).

• A reunión realizarase a través da plataforma Teams.

• Fai clik neste vínculo para acceder directamente á sesión.

Feira de emprego virtual

A VII Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio da Coruña celébrase íntegramente de forma virtual para seguir potenciando o achegamento entre empresas e mozos rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil que desexan incorporarse ao mundo laboral. Este evento enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego ( PICE) das Cámaras de Comercio de España.

Unha vez rexistrados, os participantes poderán presentar o seu currículo a decenas de empresas a través de entrevistas online, reservando previamente a cita. Tamén poderán conectarse con orientadores laborais que lles asesorarán de forma personalizada segundo os seus perfís e a súa experiencia. O programa inclúe interesantes seminarios e talleres que abordarán todos os temas relativos á selección de persoal, para que os asistentes potencien as súas habilidades.

Participarán empresas como Gadisa, Estrela Galicia, Adecco, Prosegur, Vegalsa…

Horario: de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas

Programa

9:30 h– Inauguración e entrevistas coas empresas
Cal é o teu obxectivo? Márcate unha meta profesional: Vitoria Mariño Martínez (Consultora de Gálica)
10:00 h– O currículo como arma de venda: María Dorrego (Grupo Clave)
10:30 h– Potencia as túas habilidades sociais: María García Trincado ( Formadora e Orientadora laboral).
11:00 h– Como utilizar as redes sociais para empregarche: Covadonga Abril Paredes (Directora de proxectos e responsable técnica de Talentiers group)
11:30 h– A primeira impresión conta; imaxe e actitude: Noemí Bellas Mella ( Líbolis)
12:00 h– Entrevistas de éxito: Inma Rodríguez Cuervo ( RSC Galicia)
12:30 h– Que profesionais teñen unha maior demanda e que carencias en formación se observan na mocidade?: Ana Rivera de Lago ( RR. HH Grupo Imán)
13:00 h– Coloquio

Máis información en https://feriaempleoacoruna.es/

 

No seguinte vídeo móstrase unha pequena presentación da feira de emprego:

Encontro ibérico de investigación e educación en emprendemento GEM-CEE

Data: 25 sep 2020 09:30 AM

9:30h: Inauguración do Encontro GEM-ACEDE e de CEE’2020

– Juan Cividanes Roget. Director do IGAPE, Xunta de Galicia
– Luciano Covelo. Presidente AJE Galicia
– Ana Fernández Laviada. Presidenta do Observatorio do Emprendemento de España.
– Loreto Fernández. Universidade de Santiago de Compostela. Directora do equipo GEM Galicia.
– USC (pendente de confirmar)

10:00h: Presentación do Informe GEM Galicia 2019/20.

– Isabel Neira. Universidade de Santiago de Compostela. Directora Técnica do Observatorio do Emprendimento de España e do equipo GEM Galicia.

10:15h: Mesa redonda “Persistencia e resiliencia en tempos de incerteza”

Moderadora: Isabel Neira