Inbound marketing e estratexia de contido

OBXECTIVOS

1. Aprender a identificar as palabras chave polas cales está a buscar o cliente o meu negocio.
2. Coñecer onde ten que estar a miña empresa na contorna dixital e en que momento preciso, para conseguir a venda do meu producto

DATA: Venres, 22 de xaneiro ás 11:00 h

RELATOR: Joantxo Llantada (Licenciado en Xestión comercial e Marketing ( ESIC) e Máster de Investigación operativa e Sistemas (Universidade de Valencia)

Inscribirse no seguinte enlace: https://bit.ly/3orSMVr
Máis información contacte con: formacion.turismo@xunta.gal

Privacidade e legalidade da contorna en liña

OBXECTIVO

Cumprimento normativo en materia de Protección de Datos da nosa organización.

DATA: Martes, 19 de xaneiro ás 11:00 h

RELATOR: Juan Carlos Fernández Martínez  (Avogado e fundador e CEO de Tecnogados, especialista en dereito e novas tecnoloxías e protección de datos).

Inscribirse no seguinte enlace: https://bit.ly/3q3youo

Máis información contacta con: formacion.turismo@xunta.gal

Xornada de Networking Spin_Up

A USC e Uninova organizan, no marco do proxecto Spin_Up, unha xornada de networking transfronteirizo entre o tecido productivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento co obxetivo de estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento.

Pódense inscribir iniciativas e/ou proxectos que pertenzan ás seguintes áreas produtivas: Agro-bio, industria alimentaria; Industria creativa, TIC, Turismo; Industria da transformación 4.0; Saúde-envellecemento activo.

O prazo de inscrición na mesma está aberto ata o próximo 10 de novembro

A inscrición podese facer aquí

A xornada de networking realizarase o  vindeiro día 25 de novembro desde as 10:00 horas.

Máis información sobre a xornada e o programa no seguinte enlace: http://jornadanetworking.spinup-project.eu/programa/

Como o sector viaxes continúa innovando e acelerando a súa transformación dixital a pesar da pandemia

Intervirán:

Novas estratexias para un turismo sostible

A Fundación Galicia Europa organiza o curso de formación online: NOVAS ESTRATEXIAS PARA UN TURISMO SOSTIBLE. AS EMPRESAS TURÍSTICAS, A SÚA EVOLUCIÓN, FUTURO E LIÑAS DE FINANCIAMENTO NA UE, que terá como obxectivo presentar novas habilidades e competencias ao sector turístico por mor de poder adaptarse ao momento que vivimos que require de ideas máis innovadoras e creativas, apoiándonos nas novas tecnoloxías e ferramentas de servizos e deseños que se poidan integrar no traballo cotián do sector co fin de ser máis competitivos e emprendedores.

O Curso é unha actividade do “proxecto LIDERA” que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP)

A data límite para inscrición é o 7 de novembro ou até cubrir prazas.

Pódese inscribirse aquí.

O curso terá lugar do 9 ao 13 de novembro 2020.

Toda a información acerca do programa pode obtela no seguinte enlace: https://bit.ly/2HZT6ee

Máis información sobre o curso no seguinte enlace: Fundación Galicia Europa.