Dende o Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, solicitamos a vosa colaboración.

Trátase do cuestionario empregado na elaboración da tese de doutoramento titulada “Cara a unha restauración sostible: análise dos antecedentes da incorporación de alimentos sostibles en restaurantes e das súas consecuencias no comportamento do consumidor” elaborada por Cristina López Quintela, e codirixida polo profesor do máster Adolfo Carballo Penela.
As persoas que envíen o cuestionario cumprimentado poderán entrar no sorteo dun convite para dúas persoas nun restaurante da lista Soles Repsol.
A vosa resposta será importante para que Cristina poda defender a súa tese.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

