O Banco Santander, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de A Coruña convocan, en colaboración coa Cámara de España e o diario La Voz de Galicia, a sexta edición do Premio Pyme do Ano.
Neste certame, ponse en valor ás pequeñas e medianas empresas.
O obxectivo deste certame é recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián.
Poden optar a este premio todas aquelas empresas con menos de 250 empregados e cunha facturación inferior aos 50 millóns de euros ao peche do exercicio 2021 que teñan a sede social na provincia da Coruña.
O xurado poderá concede tamén catro accésits nas categorías de Internacionalización, Innovación e Dixitalización, Formación e Emprego e Peme Sostible.
O xurado valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, con especial atención ao emprego indefinido; as accións de formación para os empregados; a internacionalización da empresa; as iniciativas de dixitalización e innovación, así como os proxectos sostibles nos que participaron.
Para participar, será preciso revisar as bases do concurso e enviar cuberto o formulario de inscrición.