No momento de formalizar a matrícula, o estudante poderá ver que certas materias se ofertan tamén en inglés.
Os pasos a seguir para formar parte do grupo de inglés son os seguintes:
- Abrir a Secretaría virtual do estudante.
- Na columna esquerda, figurará a columna “Elección/cambio de grupo”. Aquí o estudante debe seleccionar a opción “Elección docencia en Inglés”.
- Lembra que esta opción soamente estará habilitada durante o prazo de matrícula.
- Para calquera incidencia técnica, podes contactar co Centro de Atención aos Usuarios da USC.

As materias que soen ser ofertas en inglés son:
- Transporte, mobilidade e xestión dos fluxos turísticos en destinos urbanos
- Marketing dixital
- Metodoloxía de investigación en xestión de empresas turísticas