Detallamos, a continuación, información sobre o programa de talento xove de RIU Hotels & Resort de formación de profesionais no seu departamento comercial destinado a actual e antigo alumnado do Máster.
Filosofía da empresa
As nosas vantaxes máis grandes son as nosas persoas e unha filosofía baseada na idea de “servizo cun corazón”. Progresando por este programa de seis meses, traballarás en áreas diferentes do departamento comercial e conseguirás unha visión xeral do noso negocio. Descubrirás e entenderás o que fai especiais a RIU Hotels & Resort.
Trátase dunha gran oportunidade de lanzar a carreira profesional nunha das principais marcas da industria.
Se tes interese no Programa de Talento de RIU pincha nesta ligazón.
Información adicional do Talent Programme:
- Lugar de realización:Polo xeral realizarase nas oficinas centrais da empresa en Palma de Mallorca pero hai posibilidade que se destine aos candidatos a outras localizacións como Illas Canarias ou outro punto da Península ou de Europa.
- Duración: 6 meses.
- Prácticas remuneradas ou contratación: Trátase dun programa de formación para o que se asinará un contrato temporal de 6 meses (non de prácticas) coas vistas postas a unha contratación definitiva do candidato ao final do período se o seu desempeño cumpre coas expectativas da empresa.
- Remuneración: 20.000-25.000€ (negociables).
- Xornada completa: 9.00-18.00h
- Fase de proceso de selección: Fase 1- Cubrir o formulario e achegar CV e vídeo de presentación en inglés (máximo dous minutos). A ligazón para iniciar esta fase é o seguinte.
- Fase 2- Realización dun test de competencia.
- Fase 3- Entrevista en liña.
- Fase 4- Entrevista presencial.

