• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster USC Turismo

  • O Máster
    • Programa
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Emprego
  • Contacto
  • Galego

Premios Icárion ao mellor TFM de Turismo sostible

Fonte: adcam.es

Que son os premios Icárion?

ICÁRION é un operador de turismo do Grupo World2Meet (Iberostar Htl Group) nos Mercados
español e portugués. A empresa está comprometida coa sustentabilidade e é o primeiro tour operador nacional que compensa a pegada de CO2 de todos os voos realizados polos pasaxeiros a través da reforestación e conservación de bosques.

Gaña un viaxe para 2 persoas a Quenia no Eco-Lodge Solidario Sawa-Mara no Parque Nacional Masai Mara

ICÁRION, en colaboración coas empresas AIR FRANCE/KLM e o Eco-Lodge Sawa-Mara
(Asociación ADCAM), comprométese a regalar unha viaxe a Quenia para 2 persoas a aquel Traballo de Fin de Máster (TFM) sobre Turismo Sostible seleccionado en primeira posición ao finalizar o curso académico (novembro de cada ano) da rede de universidades Redintur (actualmente 30 universidades do estado español, ampliable no futuro).


O propio xurado de Redintur será o encargado de seleccionar o mellor Traballo Final de Máster
(TFM) na liña de investigación do Turismo Sostible.

viaxe a kenia
Fonte: adcam.es
  • SAWA MARA eco-lodge é un proxecto da Asociación sen ánimo de lucro ADCAM

Regras e condicións para participar e selección do TFM gañador

Poderá participar calquera estudante que curse un Máster oficial dunha das universidades adscritas á Rede Intur, como o Máster de Turismo da USC, que elabore e defenda un TFM orixinal, en inglés ou español, cunha puntuación mínima de Sobresaínte, baixo a liña de investigación do Turismo Sostible.


O premio consiste nunha viaxe para 2 persoas (a persoa gañadora e un acompañante) a Quenia durante 5 noites no Eco-Lodge Solidario Sawa-Mara no Parque Nacional do Masai Mara, con voos
desde España do grupo Air France/KLM en clase turista, entradas ao parque nacional, safaris e
pensión completa.

O estudante gañador só deberá pagar un importe simbólico a AF/KLM en concepto de compensación de pegada de CO2 (aprox. 50 eur por persoa).

O premio está garantido para os cursos: 2021/22, 2022/23, 20223/24.

Polo tanto, garántese neste momento 3 premios para 2 persoas. Antes de finalizar este período
volverase a avaliar a posible prolongación desta acción.

O premio, que se entregará en novembro de cada ano, será válido ata o mes de outubro do
ano seguinte. Por exemplo, a persoa gañadora do premio en novembro 2022 poderá viaxar ata outubro de 2023. O premio non é reembolsable nin se pode cambiar por ningún outro viaxe ou concepto.
O estudante gañador do premio deberá poñerse en contacto con Icárion para reservar datas coa
maior antelación posible, que serán confirmadas en base á dispoñibilidade dos provedores.


Os custos do premio estarán repartidos da seguinte forma entre os partners:

• Voos dende Barcelona ou Madrid: Air France / KLM
• Traslados en Quenia: Icárion
• Entradas ao Parque Nacional Masai Mara: Icárion
• Aloxamento en tenda dobre e pensión completa: ADCAM
• Safaris e actividades durante a estancia no campamento: ADCAM

Temáticas dentro da liña do Turismo Sostible

Baixo a liña de investigación do “Turismo Sostible” teñen cabida traballos enfocados cara ao
desenvolvemento dun turismo máis responsable, en calquera das súas áreas; ambiental, social
e económica. Considéranse dentro das temáticas aceptadas de TFM os relacionados con:


  • Turismo responsable
  • Turismo solidario e turismo comunitario
  • Turismo ecolóxico
  • Turismo rexenerativo
  • Turismo accesible
  • Turismo rural e gastronómico como alternativa de desenvolvemento do destino
  • Aviación e turismo sostenible (biocombustible, aiación eléctrica,…)
  • ODS e turismo
  • RSC na intermediación turística
  • RSC na gobernanza dos destinos (OMDs)
  • Márketing sostible
  • Economía colaborativa no turismo

Prazo e presentación de solicitudes e documentación a achegar

A documentación dos traballos seleccionados será enviada a REDINTUR antes do 4 de outubro do ano académico que se convoca.

convocatoria e solicitude


A documentación incluirá:

  1. Acta de avaliación emitida pola comisión avaliadora da universidade:
    Datas da reunión, membros da comisión, nome e apelidos dos estudantes
    propostos, segundo queda recollido no Anexo 1.
  2. Resumo executivo do TFM elaborado polo estudante dun máximo 10 páxinas cos
    Criterios REDINTUR indicados no Anexo 2. Devandito resumo deberá ser anónimo, por tanto, o nome, filiación institucional, datos de contacto e nota biográfica do autor non deben aparecer no mesmo e enviarase a través de info.redintur@gmail.com

Empresas organizadoras

Filed Under: novidades

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR