Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas
MÁSTER OFICIAL
O máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas persegue un doble obxectivo:
1. Dotar ao alumnado das competencias máis relevantes, tanto dende unha perspectiva teórica como aplicada, da planificación e dirección do turismo urbano e da xestión de empresas no ámbito turístico, proporcionándolle unha visión global e integradora, seguindo os criterios de innovación, eficiencia e sustentabilidade.
2. Formar dun modo riguroso a expertos que orienten a súa carreira cara a investigación e o desenvolvemento do coñecemento no ámbito turístico.
- Titulados ou graduados en Turismo.
- Titulados ou graduados en Administración e Dirección de Empresas, Economía, Filoloxía, Xeografía, Socioloxía, Publicidade e RRPP ou outros.
Este máster proporciona unha formación especializada aos estudantes que estén interesados en algún dos seguintes ámbitos de traballo:
- Dirección de empresas e actividades turísticas.
- Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas.
- Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento dos recursos turísticos.
- Investigación de mercados turísticos e desenvolvemento no ámbito do turismo.
- Formación e asesoramento no campo turístico.
- Emprendemento de actividades turísticas.
Por que estudar USC Turismo?
- Máis de 17 anos de experiencia en formación teórica e práctica en Turismo.
- 9 créditos en prácticas en empresas e institucións do sector.
- Equipo de máximo nivel académico que traballa nun ambiente multidisciplinar e multicultural.
- Presentes na Rede Interuniversitaria de Másteres en Turismo.

Saídas profesionais
- Dirección de empresas e actividades turísticas.
- Planificación e xestión de destinos turísticos en institucións públicas e privadas.
- Planificación e xestión de proxectos de aproveitamento dos recursos turísticos.
- Investigación de mercados turísticos e desenvolvemento do coñecemento no ámbito do turismo.
- Formación e asesoramento no campo turístico.
- Emprendemento de actividades turísticas.
Imprescindible
O máster impártese nas dúas linguas oficiais da USC (galego e castelán) polo que se a túa lingua materna non é unha delas será requisito imprescindible ter a certificación de B2 en polo menos unha das dúas linguas.
- Alumnado UE: Para alumnado de dentro da UE o prezo é de 1.300€ aprox*.
- Alumnado Non UE: Para alumnado de fóra da UE o prezo é de 3.700€ aprox*. (+info)
*Tasas Administrativas: apertura expediente (22,31€), TUI (4,79€), solicitud equivalencia de ser precisa (27,09€), seguro accidentes obrigatorio (15€)