A declaración do estado de alarma polo goberno en España o pasado 14 de marzo, tivo como consecuencia un gran impacto no turismo e na oferta cultural como o peche de hoteis, restaurantes, museos, bibliotecas, cancelación de concertos, de voos e multitude de empresas afectadas por esta situación que se está a vivir no mundo coa pandemia do Coronavirus (COVID-19). En relación a isto, comenzaron a xurdir no mundo da cultura, do sector turístico e do medio audiovisual numerosas iniciativas coa intención de reinventarse. Grazas ás novas tecnoloxías os cidadáns confinados nas súas casas dende hai días poden realizar actividades de lecer sen saír delas.

Fonte: Monica Silvestre de Pexels
Museos con visitas virtuais
Un exemplo disto, son os museos de Galicia que ofrecen accesibilidade a través de visitas virtuais en 3D.

Fonte: Museos de Galicia
Na páxina web de Museos de Galicia, inclúen diferentes museos e centros como:
- Museo do Viño de Galicia
- Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
- Conxunto Etnográfico do Cebreiro
- Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
- Museo das Peregrinacións e de Santiago
- Museo de Belas Artes da Coruña
- Museo do Castro de Viladonga
- Museo do Mar de Galicia
- Museo Etnolóxico de Ribadavia
- Museo Massó
- Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Tamén o Museo do Pobo Galego nos ofrece esta opción.

Fonte: Museos de Galicia
A nivel nacional, dispoñemos de visitas virtuais ao Museo do Prado.
Festivais, música, poesía e humor
Por outra banda, no tocante á música e á poesía, moitos artistas decidiron realizar en liña actuacións a través dos seus perfís nas redes sociais ou agrupándose en festivais programados para celebrarse en streaming e interactuando cos fans. Unha mostra destes festivais son o pioneiro “Son da casa” ou “Poesía en tu sofá”. Estes eventos virtuais levan como bandeira o hashtag “quedomenacasa”.


Destacamos a participación nestes festivais de artistas como o ferrolán Andrés Suárez, Dani Fernández ou Rozalén. Así mesmo, Alejandro Sanz xunto a Juanes tamén realizaron un concerto en directo a través da súa canle de Youtube. Devandito concerto foi seguido por millóns de persoas ao redor do mundo sen saír de casa a través dos seus dispositivos electrónicos.
Cada un está a afrontar a corentena como mellor pode e como as súas circunstancias lle permiten, e dentro de toda esta oferta musical e de entretemento, non podemos esquecernos do humor, que tanta falta fai en momentos así para sobrelevar as horas de confinamento.
Os humoristas galegos Xosé A. Touriñan e David Perdomo axudaron a sobrelevalo a través das redes con espectáculos humorísticos que sacaron máis dunha gargallada para evadir a todo aquel que permanecese en liña. Estes artistas, nativos de Carral e A Coruña respectivamente, realizaron en varias ocasións directos a través dos seus perfís de Instagram e os seus seguidores puideron gozar de numerosas bromas, que fan máis levadío o illamento.
Podcasts que falan sobre turismo e viaxes
Ademáis do anterior contido citado, podemos escoitar Podcasts de todo tipo de temáticas. Deixámosvos algúns vinculados ao turismo e ás viaxes:
- Caimanes por el Mundo
- Podcast RadioViajera
- Viajo en Moto
- Levando anclas
- Nómadas
- Viajando Simple
- Around the World
- Japonizados Podcast
Listaxe con algunas apps para escoitar Podcasts:
Lectura a través de ebooks e descargables
No tocante á narrativa, algunhas das mellores aplicacións para ler libros, algunhas delas gratuítas, dende unha tablet ou móbil Android son:
- Kindle: O dispositivo de Amazon é o favorito de moitos, podemos descargar unha chea de libros en castelán sen pagar un euro así como eBooks gratuítos en inglés e as últimas novidades a prezos moito máis reducidos que os habituais en librerías.
- Ebiblio: Servizo de préstamo de libros electrónicos do Ministerio de Cultura e Deporte.
- Wattpad: Unha plataforma social de narrativa, onde podemos atopar máis de 10 millóns de historias e libros para ler totalmente gratis.
- FB Reader: É un dos lectores para Android mellor valorados por parte da comunidade, de código aberto e con funcións de marcado, subliñado e notas.
- Audible: Neste lector, pagamos unha mensualidade fixa e podemos escoitar unha interminable selección de audiolibros de obras moi coñecidas.
- Overdrive: Podemos ler miles de libros totalmente gratis xa que permite tomar libros prestados da nosa biblioteca máis próxima e ler libros dixitais e audiolibros desde o móbil sen saír de casa.
- Aldiko: É un dos lectores de eBooks máis veteranos para tablets e teléfonos móbiles.
- Google Play Libros: Adoita vir instalado de serie en moitos dispositivos Android e é moi versátil.
- Kobo: A súa utilidade máis destacada é a posibilidade de sincronizar a lectura entre varios dispositivos.
E en páxinas web como por exemplo a do Grupo Planeta poderás decargar algúns dos mellores best- seller dos últimos anos no apartado Planeta de Libros,

Fonte: picjumbo.com de Pexels
Gran oferta de plataformas de contidos audiovisuais
Por último, a estrela desta “estadía” na casa para sobrelevar a cuarentena son sen dúbida as plataformas de contidos audiovisuais á carta que nos achegan ao noso televisor infinidade de documentais e filmes.
Algunhas delas son HBO, Movistar+, Prime Video, Filmin ou Netflix. Nesta última plataforma podemos atopar a serie Dark tourist que nos introduce ao turismo máis negro asociado coa morte e a traxedia.

Fonte: Netflix
Fonte dos iconos: Smashicons