Que é Argos?
Trátase dun programa de emprendemento co obxetivo de que, a través da creación de equipos multidisciplinares, se creen proxectos de negocio innovadores a partir de resultados de investigación que a USC poñerá a disposición dos equipos, ou calquera outra idea de negocio e tecnoloxía achegada polos propios participantes.
Destinatarios/as do programa
- Alumnado no seu último ano dos seus estudos de grao na USC.
- Alumnado de Posgrao, mestrado ou Doutoramento.
- Egresados das últimas catro promocións.
- Colaboradores ou persoal de grupos e centros de investigación.

Cando se desenvolverá o programa?
Entre o 4 de abril e o 30 de xuño de 2022.
Premios para os participantes:
Os concursantes poderán optar a 6.000€ en premios repartidos entre as categorías:
-
Argos Spin, aos proxectos desenvolvidos a partir de resultados de investigación da USC.
- Argos Enxeño, aos plans de empresa desenvolvidos a partir de ideas de negocio aportadas polos participantes.
Como inscribirse no programa?
Podes ler as bases do convocatoria Argos 2022 e inscribirte nesta ligazón antes do 18 de marzo de 2022.