Máster oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas
Xa está aberta a matrícula do posgrao oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O proceso de matriculación debe levarse a cabo a través da Secretaría Virtual da USC especificando a titulación universitaria que che dá acceso á formación dende o 01/06/2018 ata o 14/09/2018.
As prazas están limitadas a 25 alumnos/as e asígnanse por orde estrita de matrícula.
OPCIÓNS DE ACCESO
-
-
- Se cursaches previamente unha titulación da USC, non será preciso que achegues documentación.
- Se non cursaches os teus estudos na USC, debes aportar a compulsa orixinal da titulación de acceso pola universidade de orixe.
- Se cursaches estudos no estranxeiro, debes solicitar a equivalencia do título no Servizo de Xestión Académica.
-
Por último, é imprescindible ter un nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas nun dos dous idiomas oficiais: galego ou castelán (máis información)
[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]