MATRÍCULA

 2020/21

Matrícula do curso académico 2020/2021

A convocatoria xeral ábrese no mes de xullo. Debes facer a túa solicitude nas datas que determine a Convocatoria Xeral de Matrícula a través da Secretaría Virtual declarando os datos do expediente académico da túa titulación universitaria que che dá acceso.

Deberás comprobar a listaxe de admisión na Secretaría Virtual e o prazo no que te debes matricular. Se figuras na listaxe de agarda e queres continuar no proceso de admisión deberás confirmar a permanencia da túa solicitude en cada unha das listaxes de agarda.

Se, rematada a listaxe de agarda, quedasen vacantes, o alumnado sen solicitude previa poderá matricularse por orde de inscrición ata que se cubran as prazas ou ata a fin do prazo de vacantes que vai do 1 ao 6 de outubro.

A admisión nos Másteres de matrícula directa faise por estrita orde de matrícula tras facer a solicitude ata cubrir as prazas dispoñibles, sempre que posúas a titulación de acceso requirida para o Máster.

Se solicitas un Máster con criterios específicos de selección, poderás anexar tamén a documentación acreditativa dos méritos a valorar. Se non o fas só se valorará o teu expediente académico.

Naqueles másteres con menos solicitudes que prazas, admitiranse todas as solicitudes que cumpran os requisitos de admisión.

A matrícula será firme cando se comprobe a veracidade dos datos declarados de acordo coa documentación que deberás entregar. Se cursaches o teu título de acceso na USC, non será preciso que achegues a documentación relativa ao título.

A impartición do máster está condicionada a acadar o número mínimo de alumnado establecido polo decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para iniciar estudos nun máster con matrícula directa, debes cubrir os datos correspondentes na Secretaría Virtual no prazo do 6 de xullo ao 28 de setembro, declarando a titulación a través da cal accedes (máis información):

Se es estudante extracomunitario ou non tes residencia permanente en España a túa estadía na Universidade de Santiago de Compostela enmarcarase no programa de Atención a Estudantes Extracomunitrios (PATEX). Se tes algunha dúbida con respecto á túa solicitude nesta convocatoria, podes dirixirte a study.abroad@usc.es  e se tes algunha dúbida de carácter xeral podes dirixirte a oiu@usc.es Accede ao programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX).

Para máis información clica aquí ou escríbenos a master.turismo@usc.es