MATRÍCULA

 2019/20

Matrícula do curso académico 2019/20

A convocatoria xeral ábrese no mes de xuño. Debes facer a túa solicitude nas datas que determine a Convocatoria Xeral de Matrícula a través da Secretaría Virtual declarando os datos do expediente académico da túa titulación universitaria que che dá acceso.

Deberás comprobar a listaxe de admisión na Secretaría Virtual e o prazono que te debes matricular. Se figuras na listaxe de agarda e queres continuar no proceso de admisión deberás confirmar a permanencia da túa solicitude en cada unha das listaxes de agarda.

A admisión nos Máster de matrícula directa faise por estrita orde de matrícula tras facer a solicitude ata cubrir as prazas dispoñibles, sempre que posúas a titulación de acceso requirida para o máster.

Se solicitas un Máster con criterios específicos de selección, poderás anexar tamén a documentación acreditativa dos méritos a valorar. Se non o fas só se valorará o teu expediente académico.

Naqueles másteres con menos solicitudes que prazas, admitiranse todas as solicitudes que cumpran os requisitos de admisión.

A matrícula será firme cando se comprobe a veracidade dos datos declarados de acordo coa documentación que deberás entregar. Se cursaches o teu título de acceso na USC, non será preciso que achegues a documentación relativa ao título.

A impartición do máster está condicionada a acadar o número mínimo de alumnado establecido polo decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de admisión/matrícula estará aberto dende o 3 de xuño de 2019 ata o 13 de setembro de 2019.

Se es estudante extracomunitario ou non tes residencia permanente en España a túa estadía na Universidade de Santiago de Compostela enmarcarase no programa de Atención a Estudantes Extracomunitrios (PATEX). Se tes algunha dúbida con respecto á túa solicitude nesta convocatoria, podes dirixirte a study.abroad@usc.es  e se tes algunha dúbida de carácter xeral podes dirixirte a oiu@usc.es

Accede ao programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX).

Para máis información clica aquí.