Técnico de turismo en o Carballiño

Prácticas/beca
Ourense
Publicado hace 2 años


  • Ubicación: O Carballiño
  • Oferta publicada no BOP de Ourense do 5 de maio de 2017: ver

Anexo 1
Postos de traballo ofertados
1. Técnicos de turismo (2 postos), grupo A2

1.1. Requisitos para o desempeño do posto

Ademais dos requisitos xerais sinalados na base décimo primeira, os aspirantes a este posto deberán estar en posesión da titulación de: Grao en Turismo, Diplomatura en Turismo ou homologado, Técnico superior en información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística.

1.2. Centro de traballo

Dependencias municipais da Concellería de Turismo do Concello.

1.3. Exercicios da fase de oposición

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo máximo de realización da proba será dunha hora (60) minutos. Puntuarase 0,20 puntos por cada pregunta acertada. A puntuación máxima desta proba será de 10 puntos. Por cada catro respostas erróneas descontarase unha correcta ou, se é o caso, a súa parte proporcional. As respostas en branco non se terán en conta. Segundo exercicio. De carácter obrigatorio e eliminatorio.
Consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal relacionado co contido do programa no tempo que determine o tribunal. Cunha puntuación máxima de 10 puntos.
1.4. Programa

Materias comúns

1. A Constitución española de 1978. Titulo I “Dos Dereitos e Deberes Fundamentais”.
2. O municipio. O termo municipal.
3. A organización municipal. Órganos unipersoais e órganos colexiados.
Materias específicas.

Tema 1. A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de
Galicia.
Tema 2. O Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia.
Tema 3. O Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tema 4. Marco xeral do turismo. Desenvolvemento do turismo ao longo da historia. Definicións e tipoloxías do turismo. Aspectos sociais, culturais e económicos do turismo.
Tema 5. Xeografía do Carballiño. Rueiro do Carballiño.
Tema 6. Patrimonio natural e cultural do Concello do Carballiño.
Tema 7. As principais festas e eventos do municipio.
Tema 8. Os aloxamentos turísticos do municipio.
As preguntas sobre materias comúns non poderán representar máis do 10% das totais.
B o l e t í n O f i c i a l P r o v i n c i a d e O u r e n s e n . º 1 0 2 · V e n r e s , 5 m a i o 2 0 1 7 19
O temario correspondente ao programa das materias específicas estará exposto na páxina web do concello para a súa consulta, www.carballino.gal

Aplicar en linea