Travel Insights, é o nome da plataforma que lanzou Google para estimular o sector turístico. Nela pódese atopar información sobre:
- Información do destino
- Información do hotel
- Centro de análise de viaxes.
No apartado dedicado aos destinos, os viaxeiros poden coñecer as cidades máis demandadas e as zonas xeográficas nas que máis creceu a demanda de viaxes nunhas datas concretas.
Os hostaleiros poderán coñecer que turistas pernotan no seu ámbito xeográfico e así adaptar o seu negocio ás necesidades daqueles.
As empresas turísticas, con esta ferramenta, coñecerán as tendencias e coa información obtida no centro de análise de viaxes tomar as decisións comerciais e de márketing.
Grazas a esta plataforma millóns de viaxeiros en todo o mundo estarán informados en calquera das etapas da súa viaxe.
Fonte: Tur 43