O Turismo MICE (Meetings, Incentives, Conventions and Exhibitions), como as súas siglas indican, é aquel turismo vinculado coas reunións de negocio, incentivos, congresos ou convencións e exposicións.
Galicia MICE lanzou unha plataforma web para facilitar a localización de recursos na nosa comunidade a promotores/as e organizadores/as de reunións, feiras ou exposicións. A web, conta cun buscador con filtros de localización e tipoloxía do servizo para facilitar o cribado.
A continuación deixamos a campaña de presentación de Galicia MICE.