Galicia promociona á fase 1, polo que este luns 11 de maio flexibilizaranse as restricións. Os galegos non poderán, por tanto, cambiar de provincia. Non obstante, isto é o que si poderán facer:
- Reunións de ata 10 persoas. Estas poderán realizarse tanto en domicilios particulares como en terrazas, sempre respectando as medidas de distanciamento social e de hixiene. En ningún caso poderán participar nestas reunións persoas con síntomas ou con patoloxías.
- Os colexios e universidades abrirán para as tarefas de desinfección e para xestións administrativas urxentes.
- Os locais comerciais con menos de 400 m2 abrirán sen cita previa. Con todo, reducirán o seu aforo ao 30% e sempre respectando as medidas de distanciamento social.
- Os bares e restaurantes abrirán, pero só as terrazas e cun aforo do 50%.
- Turismo de natureza: Poderase ir á praia e ao campo en grupos limitados e dentro da mesma provincia.
- Os hoteis abrirán: Con moitas restricións, xa que non se poderán utilizar as zonas comúns e con medidas de seguridade e hixiene moi estritas.
- Concertos e actos culturais: Poderán desenvolverse ao aire libre con menos de 200 persoas e en espazos pechados con menos de 30. Ademais, os museos abrirán tamén pero só cun terzo do aforo.
Fonte da información: “La Voz de Galicia“
[/et_pb_text][et_pb_text admin_label=”texto 2_boe” _builder_version=”4.3.2″]
Medidas en relación ao Turismo
O BOE establece que as medidas para a flexbilización da fase 1 do Plan de trasición cara unha nova normalidade que afectan ao desenvolvemento das actividades de turismo activo e natureza son as seguintes:
- Poderanse realizar actividades de turismo activo e de natureza para grupos dun máximo de dez persoas, por empresas rexistradas como empresas de turismo activo na correspondente administración competente, nas condicións previstas nos seguintes apartados. Estas actividades concertaranse, preferentemente, mediante cita previa.
- As actividades de turismo activo non se poderán realizar en establecementos ou locais destinados a esta actividade, cuxas zonas comúns deberán permanecer pechadas ao público, salvo as correspondentes á zona de recepción e, no seu caso, aseos e vestiarios, que deberán dispoñer de xabón desinfectante para o lavado de mans e/ou xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- O uso dos aseos polos clientes axustarase ao previsto no artigo 6.5.
- Nas actividades garantirase a distancia de seguridade interpersoal de dous metros. Cando non se poida manter a distancia de seguridade, deberanse utilizar os equipos de protección adecuados ao nivel de risco.
O equipamento necesario para facilitar a actividade desinfectarase de acordo coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas tras cada uso polo cliente.
Fonte: Boletín Oficial do Estado (BOE) do 9 de maio de 2020 (Artigo 47)
[/et_pb_text][et_pb_button button_url=”https://www.boe.es/eli/es/o/2020/05/09/snd399/dof/spa/pdf” button_text=”Descargar BOE %22Fase 1%22″ button_alignment=”center” admin_label=”boton boe” _builder_version=”4.3.2″ transform_scale=”70%|70%” custom_margin=”40px||40px||true|false”][/et_pb_button][et_pb_text admin_label=”texto 3_campaña” _builder_version=”4.3.2″]Poñer en valor o turismo nacional
Como resultado ao que se prevé que será unha lenta recuperación da normalidade, comezan a xurdir campañas publicitarias para poñer en valor o turismo nacional, como a campaña da axencia de viaxes Pangea, The Travel Store que lanzou a campaña a de Turismo nacional “Este verán queda na casa”.