• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster USC Turismo

  • O Máster
    • Programa
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Emprego
  • Contacto
  • Galego
Galicia, de Nós a nós

Galicia, de Nós a nós

Se aínda non a visitaches e tés a posibilidade, ata o mes de xaneiro estará dispoñible a mostra máis completa sobre a Xeración Nós con máis de 300 pezas, coincidindo co centenario da publicación da revista Nós. A exposición inclúe obras de países como Francia, Alemaña e Portugal debido ás grandes relacións internacionais da revista e dos seus impulsores, o que supuxo unha enorme difusión da cultura de Galicia. 

Esta exposición está incluída no Xacobeo 2021 co que o Goberno galego contribúe a dar a coñecer a riqueza dos fondos públicos recibidos de numerosas fundacións e entidades, así como de prestacións privadas. Trátase dunha viaxe dende os tempos dos pais do galeguismo ata a actualidade.

A mostra permite contemplar obras que foron obxecto de estudo da revista, como o Santiago de Morlaix, o Cristo de Santa Eufemia de Ambía, os esmaltes de Limoges da Catedral de Ourense, o puñal de Beluso ou o ronsel de Florderrei Lanuxe.

Os comisarios desta exposición son Afonso Vázquez- Monxardín Fernández e Ana Acuña Trabazo.

Grazas ao traballo da startup galega Xoia Software Development poderemos gozar dos debuxos de Castelao ou viaxar ás cidades galegas do S. XIX; experiencias que pode vivir o visitante nesta exposición.

A exposición emprega as novas tecnoloxías como un elemento que axuda a construír o relato expositivo a través do uso de elementos interactivos, audiovisuais ou a realidade aumentada. Ademais, atendendo á situación xerada pola pandemia da Covid-19 e para minimizar calquera risco de contaxio, todos os elementos interactivos empregan tecnoloxías sen contacto físico.

Estará dispoñible ata o 17 de xaneiro de 2021 de martes a domingo en horario de 10 a 20 horas, na segunda planta do Museo do Centro Gaiás.

A continuación un breve vídeo introductorio da exposición.

Fonte: Cidade da Cultura

Filed Under: novidades

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR