Ante a incerteza ao redor das vacacións de verán, os máis previsores xa comezan a reservalas e Galicia colócase como un dos destinos turísticos máis solicitados.
O último estudo realizado polo portal de viaxes Weekendesk.es mostra que Galicia, cun 18% do total das reservas, se sitúa como segundo lugar de vacacións con máis reservas de España.
A comunidade galega está de moda, a mostra é que o 26 % dos usuarios deste informe considera que Galicia é un dos lugares soñados para viaxar. Ademais, o 5 % das procuras de viaxes curtas céntranse nesta comunidade autónoma.
Por outra banda, máis da metade dos usuarios do mencionado portal de viaxes elixen a costa, concretamente un 57%, mentres que un 22% elixen o turismo rural.
Dentro de Galicia, Pontevedra é o primeiro destino turístico onde destaca o interese polas Rías Baixas polo que moita xente se decantará este verán por pasar as súas vacacións nestas terras, A Coruña é a segunda provincia con maior número de paquetes contratados co 14 %.
Un dos factores que poden influír en que Galicia se convirta nun dos principais destinos turísticos de España durante este verán sería o baixo índice de contaxios na comunidade. No seguinte cadro, móstranse os últimos casos detectados.
Fonte: Weekendesk
[/et_pb_text][et_pb_text admin_label=”Titulo” _builder_version=”4.3.2″ header_3_text_align=”left” header_3_font_size=”18px” header_4_font_size=”14px” custom_margin=”40px||40px||false|false”]Casos de COVID-19 por PCR totais, novos, incremento e incidencia acumulada dos últimos 14 días.
España, datos actualizados a 19/05/2020
[/et_pb_text][et_pb_image src=”https://uscturismo.com/wp-content/uploads/2020/05/evolución-covid-19-españa-.jpg” admin_label=”Gráfico datos covid 19 a 19/05/2020″ _builder_version=”4.3.2″][/et_pb_image][et_pb_text admin_label=”Fonte do gráfico” _builder_version=”4.3.2″ hover_enabled=”0″]Fonte: Ministerio de Sanidade
Ademais do turismo nacional, tamén se está a potenciar o turismo de dentro da comunidade. Un exemplo disto é a campaña #quedatenacasa do Clúster de Turismo de Galicia, que busca reactivar o turismo de cercanía e a confianza dos visitantes. Podes ver o vídeo da campaña a continuación.
[/et_pb_text][et_pb_text admin_label=”Titulo” _builder_version=”4.3.2″ header_2_font_size=”18px” custom_margin=”40px||40px||false|false”]Campaña de turismo #quedatenacasa do Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Xunta e a Axencia de Turismo de Galicia
[/et_pb_text][et_pb_video src=”http://www.youtube.com/watch?v=tgdfmXEo7hg” _builder_version=”4.3.2″][/et_pb_video][et_pb_image src=”https://uscturismo.com/wp-content/uploads/2020/05/logos.jpg” _builder_version=”4.3.2″ width=”50%”][/et_pb_image][et_pb_text _builder_version=”4.3.2″ hover_enabled=”0″]Neste vídeo, invítase a tódolos galegos a quedar este verán e redescubrir Galicia, unha terra na que podes disfrutar de lugares de ensoño preto do fogar como os que se amosan na seguinte galería de imaxes.
[/et_pb_text][et_pb_text admin_label=”Quedamos na casa porque hoxe, entrar é o mellor xeito de saír” _builder_version=”4.3.2″][/et_pb_text][et_pb_text admin_label=”Titulo_Lugares máis emblemáticos de Galicia” _builder_version=”4.3.2″ header_2_font_size=”18px” custom_margin=”40px||40px||false|false”]Quedamos na casa porque hoxe, entrar é o mellor xeito de saír
Lugares máis emblemáticos de Galicia
[/et_pb_text][et_pb_gallery gallery_ids=”4091,4090,4089,4088,4146,4147,4149,4161″ posts_number=”8″ hover_icon=”%%51%%” _builder_version=”4.3.2″ title_level=”h2″ title_font=”Open Sans||||||||” title_font_size=”14px”][/et_pb_gallery][et_pb_text admin_label=”Fonte das imaxes da galería ” _builder_version=”4.3.2″]Fonte: Turismo de Galicia
[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]