
O venres 14 de novembro ás 12h inaugúrase a Exposición HEURA no hall da na nosa Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.
A exposición HEURA é unha mostra itinerante cara á divulgación do programa Confía, que apoia iniciativas de autoemprego para mulleres en situación ou risco de vulnerabilidade. Trátase dunha montaxe audiovisual con fotografías e vídeos para divulgar e conmemorar o 10º Aniversario do Programa Confía para mulleres en situación ou risco de vulnerabilidade.
Este proxecto está promovido pola organización Treball Solidari, conta con financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e chega a Compostela como parte dunha itinerancia por distintas localidades da contorna estatal que a levarán a visitar Castela León, Cantabria, Cádiz, Murcia, Barcelona e Madrid.
O Programa Confía púxose en marcha no ano 2011 en Baleares para apoiar iniciativas de autoemprego de mulleres en situación de vulnerabilidade. Trátase dun iniciativa innovadora que fusiona técnicas de formación e acompañamento ao emprendemento comúns en Europa coas metodoloxías de microcrédito grupal tan estendidas nos países do Sur. Actualmente o Programa funciona en Baleares, Madrid e Barcelona, xestionando 30 grupos que reúnen un total de 444 mulleres.
