Fitur 2017

FITUR é a Feira Internacional de Turismo que se celebra cada ano en Madrid.

Neste curso 2016/2017 o Máster de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago organizou unha actividade para visitar a recoñecida feira ubicada no recinto Ifema.

A continuación as fotografías do alumnado que participou no evento.

Fotografías facilitadas pola alumna Iria Cao

Programa Spin Way

Spin Way é un programa de axuda a novos emprendedores que combina a tradición do Camiño de Santiago co talento, axudando a novos emprendedores universitarios a poñer en marcha as súas empresas a través dunha vivencia única que pon a proba a resistencia, coñecemento e capacidade de cooperación dos participantes.


 

A continuación podes ver un vídeo sobre as experiencias dos participantes na primeira edición do programa:

 

Máis información: http://spinway.uninova.org/

Organiza: Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC en colaboración con RedEmprendia, o Organismo Internacional de Juventud para Iberoamérica (OIJ) e o Instituto de la Juventud (Injuve).