Actividades con relación ao sector turístico e empresarial.

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Curso de formación en novas tecnoloxías para empresarios turísticos en tempos de Covid

22 Outubro - 08:00 - 19 Novembro - 17:00

De balde

O curso de formación en novas tecnoloxías para empresarios turísticos en tempos de Covid será impartido online por profesores universitarios que compaxinan a súa actividade académica coa actividade na empresa persoal. A formación, que terá un carácter moi práctico e enfócase a hoteleiros, hostaleiros, guías turísticos, pequenos e medianos operadores de turismo, empresas de receptivos ou empresas de organización de congresos e eventos, entre outros.

Esta formación é gratuita e limítase a 100 prazas.

Programa:

Xoves 22 de outubro de 2020 | Horario: 16.00-20.00

FERNANDO NAVARRO e ANTONIO TORÉ (Universidade de Málaga)

1. Presentación do curso
2. Introdución ao Marketing Dixital
3. Estratexia de Inbound Marketing: do contacto á venda.
4. Exemplos de campañas.

Xoves 29 de outubro | Horario: 16.00-20.00

JOSÉ RAMÓN PORTO (Universidade de Santiago de Compostela)

● As novas tecnoloxías na organización
● A importancia de ter un Plan
● Análise de datos. Ferramentas dixitais. O turista dixital

Xoves 5 de novembro de 2020 | Horario: 16.00-20.00

JOSÉ RAMÓN PORTO (Universidade de Santiago de Compostela)

● A web corporativa
● Medios de publicidade online
● Mobile márketing. Vídeo márketing. Asistente virtual. IA
● Exemplos

12 de novembro | Horario: 16.00-20.00

GERSÓN BELTRÁN (Universitat Oberta de Catalunya)

● Deixar pegada: a marca persoal e de empresa na internet
● Ser relevante: o posicionamento en Google
● Xerar contidos: márketing de atracción
● Conversar cos clientes: as redes sociais
Ferramentas: blogues, Facebook, Instagram, Linkedin, Twitter, Youtube, Slideshare, Spotify…

19 de novembro | Horario: 16.00-20.00

GERSÓN BELTRÁN (Universitat Oberta de Catalunya)

● Que nos atopen: a xeolocalización online
● Motivar aos clientes: a gamificación
● Cara á intelixencia turística: a datificación
● Un novo turismo: virtual e aumentado
Ferramentas: google my business, google maps, street view, mapas online, fotos 360, códigos QR…

Inscricións: cetur@usc.es

Detalles

Comezo:
22 Outubro - 08:00
Remate:
19 Novembro - 17:00
Custo:
De balde
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
Páxina web:
https://bit.ly/37ocbRJ

Recinto

A distancia

Protagonista

Turismo Santiago

Para información actualizada da actividade visite sempre o enlace do organizador.