Actividades con relación ao sector turístico e empresarial.

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Creación e xestión de viaxes combinadas e eventos

22 Xuño

De balde

· Cales son os obxectivos deste curso?

Obxectivos formativos (unidades de competencia):

– Elaborar e operar viaxes combinadas, excursións e traslados.

– Xestionar eventos.

– Xestionar unidades de información e distribución turísticas.

– Comunicarse en inglés, cun nivel de usuario independente, nas actividades turísticas.

· A quen vai dirixido?

O curso vai dirixido a persoas traballadoras do sector Hostalería e turismo.

· Requisitos

1. Estar a traballar no sector pertinente.

2. Estar en posesión do título de Bacharelato ou CFGS ou cumprir o requisito de acceso a certificados de nivel 3 mediante outra das diversas alternativas.

En caso de non cumprir ningún dos requisitos de acceso, hai a opción de realizar unha proba de nivel.

· Titulación

Certificado de profesionalidade de Nivel 3.

· Que distingue a este curso dos demais?

1. Formación completa e de calidade por un centro acreditado.

2. Título oficial.

3. Formación online cun intenso soporte titorial mediante teléfono, e-mail e as propias ferramentas do campus, complementado con sesións por videoconferencia.

4. Exames de módulo presenciais.

· Que pasará tras pedir información?

Enviarémosche un mail con toda a información básica, pedirémosche que nos indiques algúns datos para verificar que cumpres os requisitos e indicarémosche como realizar a inscrición á acción formativa.

  • Subvencionado a traballadores
  • Nivel avanzado
  • Duración: Flexible
  • Inicio: consultar
  • Prácticas en empresa
  • Campus online
  • Servizo de consultas
  • Titor persoal
  • Clases virtuais
  • Exames presenciais

Detalles

Data:
22 Xuño
Custo:
De balde
Categoría do Evento:

Recinto

A distancia

Protagonista

Grup Exist

Para información actualizada da actividade visite sempre o enlace do organizador.