Actividades con relación ao sector turístico e empresarial.

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Branding e identidade visual: reforza a túa marca turística ante o Covid-19

27 julio - 28 julio

29€

Descrición do curso

Neste curso aprenderás como crear e xestionar a túa marca de turística desde a súa creación ata o seu posicionamento, co obxectivo de fidelizar clientes e diferenciarte da competencia a través dunha experiencia de marca única e memorable.

Aprenderás a importancia que ten a identidade visual para mellorar o nivel de comunicación da túa empresa na situación actual que estamos a vivir post Covid-19.

Imos ver como transmitir o valor dunha marca, entendida como moito máis que deseñar un logotipo. A marca non é só o que se ve, senón o que o teu negocio é capaz de contar. E para iso, é preciso en primeiro lugar, crear unha base sólida e estratéxica.

Coñeceremos e traballaremos todos os elementos que compoñen unha identidade visual de éxito para poder transmitir a personalidade e valores do teu negocio a través do deseño e a comunicación.

  • As clases son gravadas e podes acceder a elas cando queiras.
  • Acceso a material exclusivo.
  • Recibe o certificado do curso ao finalizar o mesmo.

Programa

 Clase 1 | 2 horas

  • Introdución.
  • Marca e identidade visual
  • Elementos que compoñen unha marca.
  • Como definir a túa marca turística:
  • Misión
  • Visión
  • Valores
  • Define e coñece os gustos do teu público obxectivo.

Clase 2 | 2 horas

  • Beneficios de ter identidade visual coherente.
  • Que elementos compoñen a identidade visual e como sacar proveito deles.
  • Como construír unha identidade visual paso a paso:
  • Creación de Mood board
  • Materiais de marca.
  • Logotipo
  • Branboard
  • Ferramentas útiles

O curso combina teoría e práctica.

Días e horario

27 e 28 de xullo | 18:00 a 20:00 horas ( CEST)

Docente

Guillermo Barón

  • Deseñador e ilustrador especialista en marcas turísticas
  • Profesional do deseño e da ilustración para turismo e viaxes.
  • Gañador do concurso LATAM Airlines, deseñando, realizando e editando vídeos para os seus contidos online e offline (revista a bordo de LATAM)

Detalles

Comienza:
27 julio
Finaliza:
28 julio
Precio:
29€
Categoría del Evento:
Web:
https://growtur.com/branding-e-identidad-visual-refuerza-tu-marca-turistica-ante-el-covid-19/

Local

A distancia

Para información actualizada da actividade visite sempre o enlace do organizador.