
O programa Explorer para a mocidade emprendedora da USC xa abriu o prazo de inscrición ata o 13 de decembro a través da plataforma Santander X.
Cursos e mentoring
Esta convocatoria, destinada ao talento mozo, brindará ás persoas inscritas 12 semanas de sesións de formación e mentoring que se desenvolverán desde o 30 de xaneiro ata finais de abril na Facultade de ADE e no edificio Emprendia.
A mocidade terá a oportunidade de conectar coa comunidade internacional con emprendedores de Argentina, Brasil, Chile, México, España, Portugal, Reino Unido, Uruguay, Alemaña e EE.UU.
Os mellores proxectos participarán no Explorer Trip, nun polo de emprendemento internacional que se celebrará en Valencia.
Finalidade do programa
O fin último é que os participantes desenvolvan as habilidades necesarias (liderado, traballo en equipo ou habilidades de comunicación) para transformar a súa idea de negocio nunha solución viable e sostible.