
O día 17 de maio celébrase o día das letras galegas. Este ano 2020 vai dedicado ao escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
A través dun xogo de scape room poderemos coñecer a vida e obra deste escritor. Para quen non xogase nunca nin teña idea de que é un scape room, primeiro definiremos en que consiste:
O xogo, na actualidade, dispón de infinidade de ambientacións, dende naves espaciais, búnkeres militares, casas encantadas, a gorida dun asasino en serie, ata o despacho do director dun colexio .
Neste caso, trátase dun scape room dixital creado pola docente Patricia Sánchez dentro do seu blogue A fiestra da mestra, no que expón as súas diferentes propostas educativas. Un xogo no que a través de pistas, investigacións e códigos podes ir descubrindo contrasinais e lograr rescatar as Letras galegas do Covid-19.
A continuación, no seguinte vídeo, móstrase un resumo do xogo e convídanos a participar nel.
A situación non e a millor para rendir homenaxe a este escritor, xa que a labor de carvalho calero en favor do galego e enorme. Moitas voces piden que se dedique o día das letras 2021 a este escritor ferrolán. A través de este xogo podemos acercarnos un pouco máis a súa obra.
Este pasatempo está dispoñible en formato móvil, para acceder o xogo, prema no seguinte botón.
Fontes: Faro de Vigo e A fiestra da mestra