A Ribeira Sacra, un Ben de Interese Cultural
O Roteiro dos Miradoiros do Sil
Un dos roteiros máis destacables é o Roteiro dos Miradoiros do Sil. Dende este miradoiros, pódense obter incribles panorámicas deste fenómeno naturados canóns. A continuación, resumimos estes miradoiros:
• Balcón de Madrid: É o máis coñecido, visitado e un dos miradoiros máis espectaculares de Galicia. Recibe ese nome porque era o lugar onde se despedían aos barquilleiros que se ían a traballar a Madrid.
• Miradoiro de Cabezoás: Dende este miradoiro contemplarás paisaxes que che lembrarán a paisaxes de Noruega ou de Nova Zelanda. Este é a última curva que forma o río Sil, na localidade de Parada de Sil, para seguir o seu camiño ata Nogueira de Ramuín e enfronte, atopámonos coa localidade de Sober.
• Miradoiro de Santiorxo: Dende este miradoiro terás a sensación de estar na proa dun barco e poderás observar o canón ao seu paso por Sober. Ademais o mellor é que podes contemplar o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas do Sil.
• Miradoiro de As Penas de Matacás: Teremos vistas do embarcadoiro de Doade, dende o cal se colle o catamarán que percorre o río Sil. Na seguinte galería de fotos, poderemos observar unha parte da beleza da paisaxe dende os miradoiros anteriormente mencionados.
Gastronomía e cultura
Asemade, a Ribeira Sacra tamén conta cunha oferta gastronómica e cultural de gran interese, comezando polos seus viñedos e a súa Denominación de orixe, establecida dende o 1997. En Monforte de Lemos celébrase anualmente o “Festival do Viño da Ribeira Sacra“, unha iniciativa promovida polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Concello de Monforte de Lemos. As marxes do Río Cabe ao seu paso por Monforte, convértense ao longo de tres días no escenario principal para a promoción e degustación dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Neste festival intégrase tamén unha ampla oferta lúdica, cultural, gastronómica e turística, nun ambiente tranquilo e relaxado para todos os públicos.
Fonte: Festival do Viño
Por outra banda, na Ribeira Sacra tamén se celebra o “Festival Ribeira Sacra”que este ano cumpre a súa XVII edición. Neste Festival participan artistas nacionais e internacionais e, por suposto, tamén se pon en valor a gastronomía e o patrimonio nun enclave natural espectacular.

Fonte: La Voz de Galicia