Para a Semana Santa do 2020 espérase que funcione a pleno rendemento e supoñerá unha atracción turística cunha gran dinamización económica para a zona o que convertertendoa nun motor de xeración de emprego.
Estimase que xerará 45 empregos directos, apostando polo consumo de productos locais.
Este establecemento será o número 97 de paradores de España. Contará con 63 habitacións, cinco delas suits, spa, salóns, zonas comúns, piscina , aparcamentos interiores e dous ascensores panorámicos, desde os cales poderanse ter unas magníficas vistas da praia de Lourid, da vila de Muxía e mesmo do faro Vilán, de Camariñas.
O hotel disporá nas súas instalación dunha biblioteca na que os clientes poderán disfutar de obras da literatura galega e de escritores do Batallón Literario da Costa da Morte.
Na decoración do hotel, encargada a unha empresa galega, representarase a esencia da Costa da Morte, así como de Galicia e do Atlántico.
A arte, cultura e tradición galega veranse reflexados en fotografías de profesionais destacados como Xosé Suárez, Ramón Caamaño ou Xosé Vidal.
Asimismo vanse expoñer esculturas de Francisco Leiro e a artesanía da Costa da Morte como o encaixe de camariñas ou a cerámica de buño.
O director,Julio Castro Marcote, nato en fisterra ten unha gran experiencia en Paradores xa que foi o encargado de poñer en marcha o parador de Santo Estevo de Ribas de Sil.
O acto da plantación dun acivro autóctono, que sustituiu a tradicional entrega de chaves, acudiron a Secretaria de Estado de Turismo e presidenta de Turespaña , Isabel Oliver, o Presidente de Paradores de Turismo de España, Oscar López ,o alcalde de muxía,Iago Toba.Tamñen acudiron o acto o delegado de gobernó de Galicia, Xavier Losada, a directora de Turgalicia, Nava Castro, e o director do hotel entre outras personalidades.