Destinaranse 60.000€ para a concesión destas axudas. A axuda servirá para cofinanciar o 90% do gasto da internet soportado pola persoa beneficiaria, ata un máximo de 40€.
Os gastos correspondentes a unha liña fixa ou de móbil, así como os servizos de acceso a internet non asociados a unha liña telefónica serán subvencionables. O período que abarcarán os gastos subvencionables serán do 16 de maio ao 15 de xuño de 2020.
Estas axudas estarán destinadas ao alumnado que estea matriculado nunha titulación oficial de grao ou máster no curso 2019-2020.
Presentación de solicitudes
A presentación das solicitudes realizarase a través da sede electrónica da USC, cubrindo un formulario dirixido á Xerencia da USC. Podes visualizalo pinchando aquí.
Xunto coa solicitude achegarase factura correspondente ao período subvencionable.
Prazo de presentación de solicitudes: do 2 ao19 de xuño de 2020.
As consultas sobre a convocatoria ou a presentación de solicitudes dirixiranse á Oficina Virtual de Atención da Universidade de Santiago de Compostela a través da seguinte dirección de correo electrónico: estudantado.oficinavirtual@usc.gal
Podes consultar as bases da convocatoria premendo na seguinte resolución reitoral.