Destinatarios/as
O programa está orientado a estudantes de último ano de grao e máster. Unha vez pasadas as entrevistas, os estudante optarían a un posto en Banca de Investimento xunto cun máster financiado polo banco así como unha axuda para a súa estancia en Barcelona.
Descrición do programa
Sabadell ofrece 20 bolsas no ámbito de Banca Investimento, concretamente nos equipos de Financiamento Estruturado ( Middle Market) e en Mercado de Capitais ( Debt Asset Managament, Debt Capital Markets, Fusións e Adquisicións ( M&A) e Equity Capital Markets ( ECM)).
Formarás parte dun equipo referente que che acompañará na túa formación práctica e, ademais, terás a oportunidade de cursar o Máster en Xestión Empresarial da Universitat Autònoma de Barcelona (Programa CITIUS).
Cales serán as túas responsabilidades e funcións?
No ámbito de Financiamento Estruturado:
Analizarás operacións de financiamento para ofrecer aos clientes unha maior visibilidade sobre o produto ofrecido.
Colaborarás na preparación de propostas e documentos comerciais.
Analizarás informes financeiros e elaborarás proxeccións.
Analizarás a estrutura actual de débeda e as súas necesidades futuras e elaborarás o modelo financeiro.
Prepararás ofertas de financiamento e negociación TS.
Prepararás expedientes de risco en colaboración con Riscos.
Acordarás con Sindicación a estratexia das operacións en que BS é agent
Realizarás a revisión contractual en coordinación con Asesoría Xurídica e asesores externos
No ámbito de Mercado de Capitais:
Prepararás pitches, estudos sectoriais e perfís de empresas.
Valorarás empresas en base a métodos de desconto de fluxos de caixa, LBOs, transaccións precedentes e comparables cotizadas.
Prepararás documentación para transaccións ( p.ex. cadernos de venda, teasers, presentacións e listaxes de candidatos ou calendarios de procesos de venda de compañías).
Xestionarás a organización, coordinación e análise de data rooms, presentacións de equipos directivos, site visits e outras actuacións dos procesos de venda.
Prepararás, xestionarás e asistirás a reunións de due diligence e expert sessions.
Onde e cando empezarás?.
As 20 prazas ofertadas sitúanse nos nosos centros corporativos de Barcelona e Madrid.
Incorporación: abril de 2022.
A duración da bolsa é de 1 ano e, ao finalizala, valorarase a posibilidade de continuar como empregado/a.
Por que che interesa?
Aprenderás dos mellores profesionais en Banca de Investimento mentres traballas nun proxecto real.
Formarás parte dun equipo de expertos con ampla experiencia en solucións de financiamento corporativo e estruturado.
Ampliarás a túa rede de contactos a través da colaboración e os espazos de networking aos que terás acceso.