• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster USC Turismo

  • O Máster
    • Programa
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Emprego
  • Contacto
  • Galego
    • Español (Spanish)

tfm

Mellores Traballos de Fin de Mestrado (TFM) en galego 2021/22

A Vicerreitoría de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) promove a XVIII edición dos Premios á calidade lingüística en galego para o curso académico 2021-2022.

O obxecto desta convocatoria é fomentar o uso da lingua galega ligada á calidade formal na elaboración e defensa dos traballos académicos do alumnado.

Requisitos para a inscrición

Pode optar aos premios o estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao ou mestrado da USC no presente curso académico.

As modalidades de participación son as seguintes:

  1. traballo académico de curso de grao
  2. traballo de fin de grao (TFG)
  3. traballo de fin de mestrado (TFM)

É preciso que se obtivese cando menos a cualificación de aprobado.

15 premios e diploma

Establécense quince premios en metálico e diploma acreditativo, que se repartirán por cada unha das grandes áreas de coñecemento e para cada unha das modalidades.

As áreas de coñecemento divíndense en:

  1. Ciencias da Saúde
  2. Ciencias
  3. Ciencias Sociais e Xurídicas
  4. Enxeñaría e Arquitectura
  5. Humanidades

Para os traballos de fin de mestrado (TFM) outorgaranse cinco premios de 500 euros e cadanseu diploma acreditativo por cada área de coñecemento.


Prazo de presentación

O prazo de presentación dos traballos fin de mestrado remata o 30 de setembro de 2022.

A presentación realizarase a través do Rexistro Electrónico da Sede Electrónica da USC mediante o procedemento “solicitude xenérica”.

Xurado e publicación da resolución

O xurado avaliará a corrección lingüística, o emprego acaído da linguaxe de especialidade, a calidade na redacción, a presentación da información e a estruturación do traballo. A súa decisión é inapelable.

A acta de resolución do xurado publicarase no web do Servizo de Normalización Lingüística. Ademais, informarase dos premios a través do Xornal da USC.

O SNL comunicaralles ás persoas gañadoras a concesión do premio ou mención mediante unha chamada de teléfono e/ou un correo electrónico segundo os datos das credenciais de estudante da USC.

ACCESOS DIRECTOS A MÁIS INFORMACIÓN

  • Premios á calidade lingüística
  • Bases (en pdf)
  • Información para profesorado
  • Documentos e recursos de apoio
  • Usos lingüísticos: TFG e TFM

Filed Under: blog, novidades, tfm

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego
    • Español (Spanish)

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR