Programa de talento xove

Detallamos, a continuación, información sobre o programa de talento xove de RIU Hotels & Resort de formación de profesionais no seu departamento comercial destinado a actual e antigo alumnado do Máster.

Filosofía da empresa

As nosas vantaxes máis grandes son as nosas persoas e unha filosofía baseada na idea de “servizo cun corazón”. Progresando por este programa de seis meses, traballarás en áreas diferentes do departamento comercial e conseguirás unha visión xeral do noso negocio. Descubrirás e entenderás o que fai especiais a RIU Hotels & Resort.

Trátase dunha gran oportunidade de lanzar a carreira profesional nunha das principais marcas da industria.

Se tes interese no Programa de Talento de RIU pincha nesta ligazón.

Información adicional do Talent Programme:

  1. Lugar de realización:Polo xeral realizarase nas oficinas centrais da empresa en Palma de Mallorca pero hai posibilidade que se destine aos candidatos a outras localizacións como Illas Canarias ou outro punto da Península ou de Europa.
  2. Duración: 6 meses.
  3. Prácticas remuneradas ou contratación: Trátase dun programa de formación para o que se asinará un contrato temporal de 6 meses (non de prácticas) coas vistas postas a unha contratación definitiva do candidato ao final do período se o seu desempeño cumpre coas expectativas da empresa.
  4. Remuneración: 20.000-25.000€ (negociables).
  5. Xornada completa: 9.00-18.00h
  6. Fase de proceso de selección: 
    • Fase 1- Cubrir o formulario e achegar CV e vídeo de presentación en inglés ( máximo dous minutos). A ligazón para iniciar esta fase é o seguinte.
    • Fase 2- Realización dun test de competencia.
    • Fase 3- Entrevista en liña.
    • Fase 4- Entrevista presencial.

VIII Edición dos Premios EDEN de Turismo Cultural

Dende o día 15 de xuño ata o 15 de agosto ábrese o prazo de inscrición da oitava edición aos Premios “European Destinations of Excelence” 2017 (Destinos Europeos de Excelencia -EDEN) co-financiados pola Comisión Europea baixo o lema “Turismo Cultural”.

O fin deste proxecto é aportar iniciativas para atraer a atención sobre o valor e a diversidade dos destinos europeos e dar a coñecer aqueles destinos emerxentes nos que están desenvolvendo iniciativas de turismo sostible. Os destinos deben ofrecer experiencias turísticas auténticas e desenvolver unha xestión social, cultural e ambiental sostible.

A rede de destinos emexentes está constituída por 350 países. Cada país terá que elixir un destino gañador e ata catro finalistas.

A continuación o vídeo sobre os destinos europeos de turismo sostible.

Para ver as bases e máis información sobre os Premios clica AQUÍ.