Dende que finalizou o estado de alarma o pasado 21 de xuño e se instaurou a nova normalidade, os plans de moitos españois cambiaron. O turismo de masas e as viaxes afastadas quedaron atrás e a tendencia mudou a outro tipo de turismo, o Caravaning. Ademais do Caravaning, outra alternativa con preferencia este verán foi o turismo rural, que aumentou en relación ao contexto que estamos a vivir.
Nos seguintes gráficos móstrase unha tendencia á alza tanto da compra como o aluguer de autocaravanas ou caravanas, novas ou de segunda man:
[/et_pb_text][et_pb_image src=”https://uscturismo.com/wp-content/uploads/2020/07/gráficos-caravanas.jpg” _builder_version=”4.3.2″][/et_pb_image][et_pb_text admin_label=”fonte” _builder_version=”4.3.2″]Fonte: elperiódicodeaquí
[/et_pb_text][et_pb_text _builder_version=”4.3.2″]O crecemento de máis do 80% con respecto ó ano anterior das procuras relacionadas con “alugar autocaravana”, rexistraron só en xuño de 2020 unhas 110.000 procuras. Coas palabra chave “alugar caravana” as buscas foron dun total de 40.500 e cun crecemento tamén por riba do 80%. Ademáis o aumento superior ó 125% da compra de caravana de segunda man.
O viaxeiro da ‘Nova Normalidade’
– Máis dixital: Realiza procuras, reservas da viaxe por internet.
– Aforrador: Ante esta crise sanitaria e económica como consecuencia da Covid-19, o cliente gaste menos.
– Preocupación pola seguridade e a saúde: Valora moito as medidas hixiénicas dos establecementos turísticos onde vai.
– Preferencia polos destinos onde realizar actividades ao aire libre e con flexibilidade para modificar e cancelar reservas: Isto é debido a que se xorden novos brotes que fagan que se restrinxa a mobilidade.
As procuras de alternativas vacacionais creceron case un 30% nos últimos meses, para destinos de proximidade e na natureza, ós que se poida chegar con vehículo propio, como é o caso das autocaravanas.
Fonte: weekenddesk.es
En definitiva, este verán o turismo caracterízarase principalmente pola proximidade e as viaxes por estrada en vehículo propio como as autocaravanas. Estas últimas, ofrecen unha liberdade de movemento e un baixo risco de contagios provintes do exterior ó dispoñer de todos os servizos precisos dentro da mesma.
[/et_pb_text][/et_pb_column][/et_pb_row][/et_pb_section]