Dende fai case 30 anos, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC elabora vocabularios e glosarios especializados co fin de difundir e asentar na comunicación universitaria denominacións de calidade en galego, a lingua propia da USC, e tamén en castelán e inglés, idiomas fundamentais nas comunicacións a nivel estatal e internacional da institución.
O BUSCtermos é unha ferramenta de busca deste vocabulario que recentemente ampliou o seu catálogo de publicacións cun glosario especializado en Termos esenciais de xestión universitaria, cuxos contidos están dispoñibles a través de bUSCatermos para a súa consulta e descarga.