A Fundación Galicia Europa convoca 5 bolsas formativas :
- 4 bolsas formativas dirixidas a persoas cun título universitario:
- Unha bolsa para a sede da FGE en Santiago de Compostela.
- Dúas para a oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.
- Unha bolsa adicada á comunicación e información das políticas da UE que máis repercusión teñen na comunidade galega, emprazada na oficina de Bruxelas
- 1 bolsa dirixida a persoas cun título de técnico superior de formación profesional para cubrir tarefas de secretariado e asistencia á dirección da FGE, localizada na sede en Bruxelas.
A duración das bolsas é de 12 meses.
1- Requisitos:
1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar, mediante empadroamento, residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria.
3. Posuír o título académico necesario ou acreditar o pago dos dereitos para a súa expedición.
4. Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que se deriven do obxecto desta bolsa.
5. Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
6. Non gozar anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores.
2- Solicitudes:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta. gal.
- Prazo: 29/01/2020-28/02/2020
- Documentación complementaria a achegar no procedemento:
a) Copia do pasaporte, en caso de nacionais da Unión Europea residentes fose de España e que non posúan NIE.
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente para aqueles solicitantes que pretendan acreditar a filiación de proxenitores galegos.
c) Xustificación do pago dos dereitos de expedición da titulación correspondente (no caso de non estar en posesión do título universitario ou de formación profesional).
d) Copia da homologación ou validación do título pola Administración educativa española, no caso de presentar un título académico estranxeiro.
e) Currículo: preferentemente en formato Europass.
3- Fases do procedemento:
- Valoración dos méritos.Máximo 40 puntos
- Entrevista persoal: Máximo 10 puntos
Podes revisar a convocatoria do Diario Oficial de Galicia (DOG) para máis información pinchando aquí
Para tramitar en liña a solicitude podes acceder a través de este link