Co obxecto de fomentar o perfeccionamento profesional de estudantes de turismo convócanse 9 bolsas de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores nas cidades de Londres, París, Berlín, Lisboa, Miami, Bruxelas, Cantón, Roma e Dublín.
A duración máxima é de 10 meses, contados dende a data da incorporación das persoas bolseiras, sendo a data prevista de incorporación dos/as bolseiros/as aos seus destinos o 1 de marzo de 2020.
1- Requisitos:
1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente.
3. Linguas:
a) Galego: Celga 4.
b) Outras linguas:
O nivel de coñecemento será o seguinte:
– Nivel B2 na lingua oficial do país para as bolsas de Londres, Dublín, Berlín, Miami e París.
– Nivel B2 en francés ou, na súa falta, inglés para a bolsa de Bruxelas.
– Nivel B2 en chinés ou, na súa falta, inglés para a bolsa de Cantón.
– Nivel B1 na lingua oficial do país para as bolsas de Lisboa e Roma.
2- Solicitudes:
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Prazo: 24/12/2019 – 23/01/2020
- Documentación complementaria a achegar no procedemento:
a) Copia do pasaporte no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.
b) Certificación do pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios.
c) Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con que se presenta á selección.
d) Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.
e) Copia do certificado do Celga 4.
f) Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas
g) Informe de vida laboral
3- Fases do procedemento:
– test de coñecementos turísticos: Máximo 5 puntos
– Caso práctico sobre coñecementos turísticos: Máximo 5 puntos
– Probas de idiomas: Máximo 5 puntos
– Entrevista persoal: Máximo 5 puntos
O test de coñecementos consistirá nun cuestionario tipo test cun máximo de 50 preguntas sobre as materias incluídas nos temas 1 a 12 do anexo II.
O caso práctico sobre coñecementos turísticos será unha proba escrita sobre as materias incluídas nos temas 13, 14 e 15 do anexo II.
A proba de idioma desenvolverase en dous exercicios:
– Primeiro exercicio: consistirá nunha tradución ou redacción dun texto na lingua oficial do país elixido.
– Segundo exercicio: consistirá nunha proba oral en que se avalíen as competencias en expresión e comprensión da persoa candidata na lingua do país receptor.
4- Temario
Tema 1. Principais recursos do patrimonio arquitectónico en Galicia.
Tema 2. Principais recursos do patrimonio cultural inmaterial galego, en especial o folclore.
Tema 3. A gastronomía galega.
Tema 4. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.
Tema 5. Elementos principais da rede de museos e centros de interpretación de Galicia.
Tema 6. Os tramos galegos dos camiños de Santiago.
Tema 7. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.
Tema 8. Áreas naturais do interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques e as lagoas.
Tema 9. As cidades e vilas galegas como focos de atracción turística.
Tema 10. Os novos produtos turísticos de Galicia (turismo termal, rural, de congresos e convencións, náutico, golf, turismo activo e de natureza, etc.).
Tema 11. Competencias da Administración do Estado e da Xunta en materia turística.
Tema 12. A Administración turística en Galicia. Órganos e funcións.
Tema 13. Nocións básicas sobre planeamento de destinos turísticos.
Tema 14. Ferramentas de promoción e comercialización de produtos e paquetes turísticos.
Tema 15. Estratexias de promoción e comercialización de Galicia como destino turístico.
Podes revisar a convocatoria do Diario Oficial de Galicia (DOG) para máis información pinchando aquí
Para tramitar en liña a solicitude podes acceder a través de este link