• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster USC Turismo

  • Programa
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Contacto
  • Galego
Bolsas de formación práctica en diversas áreas na Axencia de Turismo de Galicia

Bolsas de formación práctica en diversas áreas na Axencia de Turismo de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia convoca quince bolsas de formación práctica en diversas áreas para os anos 2020 e 2021, que se distribuirán da seguinte maneira:

– Catorce bolsas de formación práctica especializada para a promoción e infor-

mación turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información

turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia.

– Unha bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investi-

gación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en

materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede

da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia.

As bolsas serán indivisibles e improrrogables. Serán tamén incompatibles con calquera

outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remu-

nerada.

En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solici-

tantes que foran adxudicatarias dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da

convocatoria aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias das bolsas en edicións

anteriores e que renunciaran a elas durante o seu desenvolvemento.

1- Requisitos:

  1. Nacionalidade: española.
  2. Titulación:
  3. a) Para as bolsas de formación nas oficinas de información turística os candidatos de-

berán estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes,

dalgún dos seguintes títulos: grao en turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico

superior en guía, información e asistencia turísticas; técnico superior en axencias de viaxes

e xestión de eventos. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2014.

  1. b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión de calquera

titulación superior .

  1. Idiomas:
  2. a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no

nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

  1. b) Inglés: para as bolsas de formación nas oficinas de información turística deberá pre-

sentarse certificado B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas ou superior,

ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior.

2- solicitudes:

As solicitudes (anexo IV) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do

formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos

lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo

común( artigo 16 da Ley 39/2015).

  • Prazo de presentación: 10/12/2019 – 09/01/2020
  • Documentación complementaria a achegar no procedemento.
  1. Solicitude do Anexo IV, tamén neste anexo inclúense todo tipo de declaracións responsables que achegaranse ca solicitude.
  2. Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios e certificación académica completa, se fose o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.
  3. Declaración da orde de preferencia de destino das bolsas de oficinas de información turística,segundo o anexo V.
  4. Relación de méritos conforme os anexos VIII ou IX, segundo a modalidade de bolsa escollida.
  5. Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.
  6. Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas.
  7. Copia do certificado do Celga 4 expedido polo centro educativo correspondente.
  8. Copia dos cursos de informática realizados.
  9. Copia dos contratos de traballo ou copia do certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.
  10. Copia do informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
  • Subsanación:

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a

partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o

defecto que motivou a exclusión.

3- Fases do procedemento:

– Proba sobre o temario incluído no anxexo II para as bolsas de formación nas orficinas de información turística.

– Entrevista persoal no caso das bolsas para a Área de estudios e investigación.

A data e o lugar no que se realiará a proba ou a entrevista publicarase na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios).

Ao remate da bolsa as persoas beneficiarias remitirán á Axencia Turismo de Galicia unha memoria final sobre as actividades desenvolvidas visada polo/a titor/a ou responsable da oficina onde se realizaron as prácticas.

4-  Temario

  1. Temario para bolsas en oficinas de turismo:

Tema 1. Principais recursos do patrimonio arquitectónico galego.

Tema 2. Principais recursos do patrimonio cultural inmaterial galego.

Tema 3. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

Tema 4. Xeografía de Galicia.

Tema 5. Os recursos turísticos de Galicia.

  1. Temario para a bolsa na Área de Estudos e Investigación:

Tema 1. Estatística: inferencia, mostraxe e análise multivariante.

Tema 2. R e RStudio: manexo, tratamento, análise e visualización de datos. Xeración

de informes.

Tema 3. SQL: análise de datos e xestión de bases de datos.

Tema 4. Outras técnicas de interese:

  1. a) Sistemas de información xeográfica (GIS).
  2. b) Follas de cálculo.
  3. c) Programación (Python, HTML, aplicacións Android…).
  4. d) Marco conceptual da análise turística.

 

Podes revisar a convocatoria do Diario Oficial de Galicia (DOG) para máis información pinchando aquí.

Para tramitar en liña a solicitude podes acceder a través de este link

Filed Under: bolsa, novidades

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Contacto
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR