DESTINATARIOS
Estas bolsas están dirixidas a alumnado do último curso de estudos de grao e de primeiro curso de Máster universitario oficial.
PRAZO
Ata o 18 de setembro inclusive.
OBRIGADOS DOS BOLSEIROS
- Acreditar o cumprimento dos requisitos e condicións para a concesión desta axuda.
- Someterse ás actuacións de comprobación precisas de ser o caso.
Seguir, durante 2018/2019, por ensino oficial, os estudos dos que se atopen matriculados/as. - Presentar un proxecto de colaboración desenvolvendo algunha das liñas de investigación en curso
no departamento para o que solicita. O proxecto describirá de forma expresa as tarefas que se
realizarán e o impacto formativo complementario que terá nalgunha das competencias asociadas
ás materias troncais ou obrigatorias da titulación que cursa. Estará avaliado polo grupo
investigador receptor ou o departamento onde o desenvolva. - Prestar a colaboración de 3 horas diarias durante oito meses dende a data de incorporación, no
- Departamento segundo o réxime de traballo e horario previsto no proxecto de colaboración.
- Presentar no mes seguinte ao da finalización da colaboración a certificación acreditativa do
departamento de prestar a súa colaboración nos termos previstos na convocatoria.
DOTACIÓN DA BOLSA
A contía da axuda será de 2.000 € e sen dereito á gratuidade dos prezos públicos por servizos académicos.
Máis información: