• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Este máster en turismo de la USC persigue dotar al alumnado de las competencias relevantes para la planificación y dirección del turismo urbano y de la gestión de empresas en ese ámbito, al mismo tiempo que forma a expertos que orienten su carrera hacia la investigación y el desarrollo del conocimiento en el ámbito turístico.

  • O Máster
    • Programa
    • Equipo docente
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Emprego
  • Contacto
  • Galego
    • Español (Spanish)

¿Que son as bolsas BEME?

As “Bolsas Excelencia Mocidade Exterior” (BEME) son 250 bolsas que están destinadas á axuda para cursar determinados estudos de mestrado que se inicien no curso 2022/23 nunha universidade galega e dirixidas a galegos/as que estean residindo no estranxeiro, entre eles, o Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Estas bolsas están organizadas polas tre suniversidades galegas e pola Xunta de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia.

REQUISITOS

Para a solicitude dunha das bolsas o alumnado debe cumprir os seguintes requisitos no momento de solicitala:

  • Ter menos de 40 anos.
  • Ter a nacionalidade española. 
  • Residir fóra de España. 
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. 
  • Estar vinculado/a a Galicia dunha das seguintes maneiras :
    a) Ser emigrante nacido/a en Galicia
    b) Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero que residiras en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar .
    c) Ser descendente por consanguinidade (fillo/a, neto/a, bisneto/a….) dun/ha emigrante nacido/a en Galicia ou dun/ha emigrante que residira en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, sempre que a persoa solicitante  da bolsa nacera no estranxeiro.
  • Ter rematada algunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro expresamente declarado equivalente, que dea acceso a un máster universitario. 
  • No caso das persoas descendentes de galegos/as e nacidas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego no PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro). Este requisito poderase acreditar con posterioridade á data de presentación das solicitudes.

 

Requisito que debes cumprir con caracter previo á concesión da bolsa.

  • Estar matriculado/a no curso 2022/23 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria, dun mínimo de 60 créditos e na modalidade presencial ou semipresencial. 

Prazo de solicitude: 29 de abril de 2022 ás 23:59 h (hora peninsular española).

Bolsas BEME

Filed Under: bolsa

Programa de talento xove

Detallamos, a continuación, información sobre o programa de talento xove de RIU Hotels & Resort de formación de profesionais no seu departamento comercial destinado a actual e antigo alumnado do Máster.

Filosofía da empresa

As nosas vantaxes máis grandes son as nosas persoas e unha filosofía baseada na idea de “servizo cun corazón”. Progresando por este programa de seis meses, traballarás en áreas diferentes do departamento comercial e conseguirás unha visión xeral do noso negocio. Descubrirás e entenderás o que fai especiais a RIU Hotels & Resort.

Trátase dunha gran oportunidade de lanzar a carreira profesional nunha das principais marcas da industria.

Se tes interese no Programa de Talento de RIU pincha nesta ligazón.

Información adicional do Talent Programme:

  1. Lugar de realización:Polo xeral realizarase nas oficinas centrais da empresa en Palma de Mallorca pero hai posibilidade que se destine aos candidatos a outras localizacións como Illas Canarias ou outro punto da Península ou de Europa.
  2. Duración: 6 meses.
  3. Prácticas remuneradas ou contratación: Trátase dun programa de formación para o que se asinará un contrato temporal de 6 meses (non de prácticas) coas vistas postas a unha contratación definitiva do candidato ao final do período se o seu desempeño cumpre coas expectativas da empresa.
  4. Remuneración: 20.000-25.000€ (negociables).
  5. Xornada completa: 9.00-18.00h
  6. Fase de proceso de selección: Fase 1- Cubrir o formulario e achegar CV e vídeo de presentación en inglés (máximo dous minutos). A ligazón para iniciar esta fase é o seguinte.
  • Fase 2- Realización dun test de competencia.
  • Fase 3- Entrevista en liña.
  • Fase 4- Entrevista presencial.

Filed Under: Sen categorizar

Fitur declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público

O Ministerio de Turismo, declarou á Feira Internacional de Turismo (Fitur) como Acontecemento de Excepcional Interese Público ( AEIP).

Esta feira, que conta con mais de 40 anos de historia, converteuse na segunda feira máis importante do mundo e é unha ferramenta de promoción e innovación eficaz, grazas á cal se impulsou o sector turístico en España. Adoita celebrarse no mes de xaneiro, pero tivo que ser aprazada como consecuencia da pandemia mundial do coronavirus.

A nova edición 2021 que se titula ‘Fitur Especial Recuperación Turismo’, celebrarase se a situación epidemiolóxica da pandemia o permite, do 19 ao 23 de maio de 2021.

Este evento axudará a reactivar o sector turístico, tan golpeado polas restricións impostas como consecuencia da pandemia da Covid-19. Esta edición contará con fondos públicos e privados, o que axudará a promocionar a participación do sector privado.

Nesta edición sen precedentes, os temas para abordar serán:

• A necesidade de revitalizar o sector turístico nacional.
• Potenciar a posición de liderado do sector e a súa forza como eixo central da economía.
• A capacidade de innovar e potenciar a sustentabilidade do mesmo.

Este recoñecemento a FITUR é tamén para IFEMA, polo seu incansable traballo a favor de vitalizar o turismo e a súa vixencia chegará ata 2023. Durante cinco días esta feira acolle a tanto a profesionais do sector do turismo, interesados nas últimas tendencias do sector, como ao público xeral, que quere coñecer de primeira man os destinos ofertados. Os tres primeiros días a Feira abre as súas portas exclusivamente aos visitantes profesionais e durante a fin de semana tamén ao público en xeral.

Na seguinte ligazón atopará a infinidade de actividades que se desenvolven nos distintos pavillóns e casetas do recinto de IFEMA: https://bit.ly/35P5zdl

A continuación, amósanse algunhas imaxes de pasadas edicións de FITUR nas que alumnado do Máster oficial de Turismo Urbano e Xestións de Empresas Turísticas da USC estivo presente::

Fontes:  Tur 43  e IFEMA

Filed Under: novidades, novidades, novidades, novidades, novidades

A Xunta de Galicia estrea unha plataforma para a venda de aldeas abandonadas

Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en xaneiro de 2019 existían uns 3.900 núcleos rurais abandonados, deles uns 2.011 son entidades dispersas que non chegan nin a núcleos de poboación. Por esta razón e en aplicación da Lei de rehabilitación de 2019, a Xunta lanza unha plataforma na que se poñerá á venda unhas 3.000 aldeas abandonadas, e servirá de ligazón entre propietarios e futuros compradores particulares interesados en vivir ou activar negocios no rural galego. A Xunta convidará a colaborar a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e ao Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria (Coapi A Coruña) na devandita iniciativa.

Esta plataforma está a disposición dos concellos e nela constarán datos como a superficie, o estado de conservación, a descrición e o prezo dos núcleos.

O fin último é que canta máis información teñan as persoas interesadas, máis compras e rehabilitacións se realizarán e, deste xeito, poderase aumentar a repoboación do rural galego.

Fonte: La Voz de Galicia e Quincemil

Filed Under: Sen categorizar

Google lanza unha plataforma en liña para estimular o sector turístico

Travel Insights, é o nome da plataforma que lanzou Google para estimular o sector turístico. Nela pódese atopar información sobre:

  1. Información do destino
  2. Información do hotel
  3. Centro de análise de viaxes.

 

No apartado dedicado aos destinos, os viaxeiros poden coñecer as cidades máis demandadas e as zonas xeográficas nas que máis creceu a demanda de viaxes nunhas datas concretas.

Os hostaleiros poderán coñecer que turistas pernotan no seu ámbito xeográfico e así adaptar o seu negocio ás necesidades daqueles.

As empresas turísticas, con esta ferramenta, coñecerán as tendencias e coa información obtida no centro de análise de viaxes tomar as decisións comerciais e de márketing.

Grazas a esta plataforma millóns de viaxeiros en todo o mundo estarán informados en calquera das etapas da súa viaxe.

Fonte: Tur 43

Filed Under: Sen categorizar

“Camiña a Galicia” é a campaña turística do Xacobeo 2021

Quedan poucos días para que se abra a Porta Santa e dea inicio o ano Xacobeo 2021 e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, chama aos galegos, aos visitantes e ao sector turístico a que, entre todos, camiñemos cara un Xacobeo no que a seguridade sexa un valor constante cun orzamento de 85 millóns de euros para garantir un Xacobeo 2021 seguro, coñecido, recoñecido e dinámico.

O artista coruñés Xoel López compuxo a canción “Lodo” que dá música á campaña publicitaria, na que se reflicte Galicia como un destino para os turistas e peregrinos “que veñen con ganas de resarcirse deste ano, sen esquecer as medidas sanitarias” segundo sinala o presidente da Xunta.

Un evento orientado á reconstrución económica e á reactivación do sector turístico co fin da promoción cultural do Camiño de Santiago cunha paisaxe única e verde.

Despois dun ano coma o 2020…todos necesitamos un Ano Santo.

Elaboráronse plans e protocolos para garantir establecementos seguros, outros específicos para os albergues, realizando melloras nos existentes e poñendo en marcha outros novos. Ademais de empezar coas directrices nas que se van basear o “Plan director 2021-2023 Galicia destino seguro“, así como unha serie de axudas directas ao sector da hostalería, dotado con 36 millóns de euros para o 2021.

O presidente da Xunta concluíu a presentación da campaña recalcando que os turistas e peregrinos que veñan a Galicia o vindeiro ano se atoparán coa catedral restaurada despois dos traballos elaborados nos últimos anos, cos Camiños mellorados e cunha Galicia segura, referente turístico de calidade.

A media tarde do 31 de decembro inaugurarase o inicio do período xubilar compostelán. A apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela será retransmitida en directo cunha produción audiovisual concibida especificamente para a ocasión.

Ademais, a Xunta organiza un concurso para promover a participación cidadá na iluminación artística de edificios do Camiño de Santiago.

Os participantes deberán subir ás redes sociais un selfie cos hashtags #AcendeOXacobeo e #EnciendeElXacobeo. Os tres mellores serán premiados cunha experiencia gastronómica e unha estancia en Galicia (ver bases do concurso).

A iluminación dos monumentos comezou o 22 de decembro e estenderase ata o próximo 31 de decembro de 2020.

Nesta iniciativa participan 10 comunidades autónomas e iluminaranse 92 edificios en tres fases.

Fonte: Xunta de Galicia 

Filed Under: Sen categorizar

  • « Go to Previous Page
  • Go to page 1
  • Go to page 2
  • Go to page 3
  • Go to page 4
  • Go to page 5
  • Go to page 6
  • Interim pages omitted …
  • Go to page 24
  • Go to Next Page »

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego
    • Español (Spanish)

Buscar

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR