• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster USC Turismo

  • O Máster
    • Programa
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Emprego
  • Contacto
  • Galego
    • Español (Spanish)

Admin

O alumnado pon en práctica experiencias turísticas de realidade mixta

Que é a realidade mixta?

 
A realidade mixta (MR) combina a través dunha pantalla (dun móbil, dunha tableta ou de gafas) elementos físicos con outros virtuais que aportan valor a nivel educativo ou lúdico e cos que podemos interactuar. 
 

Lux Xperience, proxecto seleccionado por Turislab

 
A startup Lux Xperience emprega a realidade mixta para ofrecer experiencias turísticas que son comercializadas a través de paquetes que aportan un valor diferencial aos clientes. Apoiándose na tecnoloxía para a optimización e desenvolvemento destes proxectos turísticos, o usuario que consume esta experiencia turística pode coñecer a contorna dun xeito moito máis sinxelo, divertido e autónomo.
 
Lux Xperience conseguiu ser seleccionado como 3º mellor proxecto de entre máis de 80 propostas na edición 2021 de Turislab, a aceleradora turística de Galicia.
 
 

Que se pode conseguir empregando esta tecnoloxía en turismo?

A realidade mixta permite mellorar as visitas turísticas convertíndoas en experiencia únicas que aporten valor pero mantendo a autonomía do usuario e a liberdade de movemento.
 
 

Exemplos e experiencias de realidade mixta na aula

 
Durante a materia de márketing dixital do profesor José Ramón Porto, o alumnado do Máster de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas puido coñecer, grazas a Andrés Rodríguez Canabal e Antonio Nieto, tódalas posibilidades de implementar accións vinculadas a estas experiencias nas empresas para as que o alumnado está a realizar o Traballo de Fin de Máster.
 
Como exemplos, puidemos ver a famosa Árbore da Ciencia que se atopa preto da praza do Obradoiro e da Catedral. Unha vez postas as gafas, o usuario pode ver e escoitar información máis información sobre o punto a visitar, neste caso a árbore.

Lux Xperience ensina ao alumnado as posibilidades da realidade mixta

Durante a sesión o alumnado probou as gafas de RV

Por outra banda, o alumnado puido ver o tema de “astronomía”,  no al se pode ir vendo información sobre os planetas e incluso agrandalos  e moverse entre eles.

Filed Under: Sen categorizar

Programa de axudas a organismos de investigación e de difusión de coñecementos para proxectos de I+D para dar resposta aos retos dos destinos turísticos

 

Finalidade da línea de axudas

Favorecer a xeración dunha masa crítica en I+D+i de carácter interdisciplinar para a súa aplicación, transferencia, procura de solucións e xeración de resultados ao servizo dos grandes retos aos que se enfrontan os destinos turísticos e de forma especial, que non exclusiva, aqueles que se integran na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes (en diante,  RDTI), cuxo principal obxectivo é liderar desde a sustentabilidade o desenvolvemento do sector turístico a través da innovación e a tecnoloxía.

 

Obxectivo da RDTI

Promover sinerxias e transferencia de coñecemento maximizando os beneficios da metodoloxía DTI.

Prazo

Ata o 28 de maio de 2022

Fonte: www.boe.es

Bases reguladoras

Filed Under: blog

A alumna Tatiana Varela Riveiro recibe un dos premios extraordinarios de máster co seu proxecto sobre o sector turístico

O martes 5 de abril de 2022 celebrouse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela o patrón do centro, San Vicente Ferrer.

Durante os actos deste día, enmarcouse a entrega dos premios extraordinarios de máster, no que a alumna Tatiana Varela Riveiro, alumna da edición 2020/21 do Máster de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da USC, recibiu un dos premios co seu Traballo de Fin de Mestrado denominado “O recrutamento e a súa relación coa Responsabilidade Social Corporativa no sector turístico” e dirixido por Guadalupe Vila Vázquez.

Filed Under: novidades, novidades, novidades, novidades, novidades

Aberto o prazo de solicitude das bolsas MEC

As bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEC) xa abriron o seu prazo de solicitude para o curso académico 2022/23.

 

Persoas destinatarias

 

Poderán acceder a estas axudas económicas o estudantado que vaia a cursar estudos postobrigatorios, é dicir, FP, Bacharelato, Ensinos Artísticos, Idiomas, Graos e Másteres universitarios. Ademais, as persoas destinatarias deben cumprir certos requisitos académicos e económicos recollidos no Real Decreto 1721/2007 e fixados no Real Decreto 154/2022, de 22 de febreiro, compostos por dous condicionantes: académicos e económicos.

 

Consultar requisitos para grao e máster

Ensinanzas admitidas

 

As bolsas convócanse para aquel estudantado que curse algunha das seguintes formacións:

 

  1. Ensinos universitarios do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:

 

  • Ensinos universitarios conducentes a títulos oficiais de grao e de máster, incluídos os estudos de grao e máster cursados nos centros universitarios da defensa e da garda civil.
  • Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
  • Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

 

  1. Ensinos postobrigatorios e superiores non universitarios do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
  • Primeiro e segundo curso de bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
  • Ensinos artísticos profesionais.
  • Ensinos deportivos.
  • Ensinos artísticos superiores.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a de distancia.
  • Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.

 

 

 

Dotación

Contémplanse dotacións de contías fixas e variables.

 

  1. Contías fixas:
  • Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2022-2023.
  • Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.700 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
  • Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.600 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
  • Contía fixa ligada á excelencia académica: entre 50 e 125 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
  • Bolsa básica para estudantes non universitarios: 300 euros. No caso dos bolseiros que cursen Ciclos Formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.

2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 euros.

 

¿Onde se realiza a solicitude?

O trámite debe realizarse través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación durante os prazos previstos (dende o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022, ambos inclusive).

 

Sede Electrónica do Ministerio de Educación

Filed Under: bolsa

CEHAT e Cajamar presentan o Informe Anual Hotel Monitor

Jorge  Marichal, presidente da Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT), presentou hai uns días en rolda de prensa o Informe Anual Hotel Monitor 2021 elaborado con Grupo Cajamar.

O estudo desagrega o comportamento hostaleiro durante 2021 a efectos de noites de estadía , oferta de prazas, ocupación hostaleira, procedencia de viaxeiros,  RevPar e ADR.

Este estudo elabórase analizando os datos que o Instituto Nacional de Estatística (INE) obtén de forma exclusiva para unha estrutura creada por CEHAT en 2010, atendendo ás necesidades de coñecemento do sector hostaleiro español.

Vídeo-presentación do informe por parte de Jorge Marichal, presidente de CEHAT. Fonte: CEHATes

 

Datos positivos para o sector reflectidos no informe

  • A demanda hostaleira medida en termos de noite de estadía creceu un 87,8% en 2021.
  • A oferta de prazas recuperouse, aínda que a un ritmo menor (44,4%).
  • O ingreso medio por habitación dispoñible ( RevPar) creceu en todo o sector.
  • A facturación media por cuarto ocupado ( ADR) tamén aumentou en todas as categorías e tipos de destinos.

 

“Avanzamos cara á recuperación do turismo, pero enfrontámonos a novas ameazas sobre o sector” – Jorge Marichalar

 

O CEHAT lembra que con relación á demanda hoteleira, o sector aínda se atopa un 50% por baixo dos datos de 2019.

Sobre a oferta de prazas, as postas á venda foron uns 30% inferiores ás de 2019. Este indicador mostra máis distancias entre as diferentes categorías xa que as prazas de cinco @estrella aumentaron un 59,7%, un pouco por encima das de catro e tres e 37 puntos porcentuais por encima do resto de categorías.

Marichal destacou que “comparando os resultados de 2021 cos do último exercicio sen pandemia, vemos que a recuperación da demanda está aínda moi por detrás da da oferta, o que explica enormemente o resultado económico do exercicio. Non podemos esquecer que, por segundo ano consecutivo, en 2021 o sector turístico sufriu de forma moi significativa as consecuencias dun escenario internacional cada vez máis complicado. As novas ondas da pandemia, as medidas e restricións asociadas á mesma e a consecuente diminución de confianza dos viaxeiros expuxeron, unha vez máis, un futuro moi complicado para o turismo.”

A pesar das trabas e dificultades, Jorge Marichalar afirma que o estudo confirma que se avanza cara á recuperación do turismo, pero baixo novas ameazas sobre o sector.

Un escenario complicado, agravado pola guerra en Ucraína e a traxedia humana e inestabilidade xeopolítica e financeira que carrexa un conflito desta envergadura, pero o sector seguirá sumando esforzos para adiante.

Informe Anual Hotel Monitor 2021

Filed Under: Sen categorizar

O BUSCatermos inclúe un novo glosario sobre procesos de xestión

Dende fai case 30 anos, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC elabora vocabularios e glosarios especializados co fin de difundir e asentar na comunicación universitaria denominacións de calidade en galego, a lingua propia da USC, e tamén en castelán e inglés, idiomas fundamentais nas comunicacións a nivel estatal e internacional da institución.

 

O BUSCtermos é unha ferramenta de busca deste vocabulario que recentemente ampliou o seu catálogo de publicacións cun glosario especializado en Termos esenciais de xestión universitaria, cuxos contidos están dispoñibles a través de bUSCatermos para a súa consulta e descarga.

BUSCatermos

Filed Under: Sen categorizar

  • « Go to Previous Page
  • Go to page 1
  • Go to page 2
  • Go to page 3
  • Go to page 4
  • Interim pages omitted …
  • Go to page 24
  • Go to Next Page »

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego
    • Español (Spanish)

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR