• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster Oficial en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Máster USC Turismo

  • O Máster
    • Programa
    • Matrícula
    • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Emprego
  • Contacto
  • Galego
    • Español (Spanish)

Admin

Bolsas para a Universidade Internacional de Turismo e Patrimonio Cultural da Ruta da Seda na cidade de Samarcanda (Uzbekistán)

Praza de Registán en Samarcanda (Uzbekistán)

Samarcanda é unha das cidades máis antigas de Uzbequistán. A cidade é rica en diversos monumentos do patrimonio cultural e obxectos arqueolóxicos. En particular, en Samarcanda atópanse o complexo do imán Bujari, a praza do Registán, a madraza Mirzo Ulugbek, o museo Afrosiyab e outros lugares do patrimonio cultural.


En agosto de 2022 inaugurouse o moderno Centro Turístico Internacional “Gran Roteiro da Seda”, que define a #fisonomía da Nova Samarcanda. O centro multifuncional inclúe 8 modernos hoteis, un Palacio de Congresos, o complexo “Ciudad Eterna”, un anfiteatro e moitas outras instalacións.

Pode dar servizo a 2 millóns de turistas ao ano. Alí celebrouse un Cume do Consello de Xefes de Estado da Organización de Cooperación de Xangai.


Tamén en 2023, Samarcanda converterase no centro turístico mundial. A 25ª reunión da Asemblea Xeral da Organización Mundial do Turismo (OMT) celebrarase en 2023 en Samarcanda.

Convocatoria das bolsas

Podes ver o sitio web e redes oficiais da universidade nas seguintes ligazóns:

  • Página web: https://univ-silkroad.uz/ru
  • Canal de Telegram: https://t.me/univ_silkroad_uz
  • Facebook: https://www.facebook.com/univsilkroad.uz
  • Instagram: https://www.instagram.com/univ_silkroad_uz
  • Twitter: https://twitter.com/univsilkroad

Filed Under: Sen categorizar

Premios Icárion ao mellor TFM de Turismo sostible

Fonte: adcam.es

Que son os premios Icárion?

ICÁRION é un operador de turismo do Grupo World2Meet (Iberostar Htl Group) nos Mercados
español e portugués. A empresa está comprometida coa sustentabilidade e é o primeiro tour operador nacional que compensa a pegada de CO2 de todos os voos realizados polos pasaxeiros a través da reforestación e conservación de bosques.

Gaña un viaxe para 2 persoas a Quenia no Eco-Lodge Solidario Sawa-Mara no Parque Nacional Masai Mara

ICÁRION, en colaboración coas empresas AIR FRANCE/KLM e o Eco-Lodge Sawa-Mara
(Asociación ADCAM), comprométese a regalar unha viaxe a Quenia para 2 persoas a aquel Traballo de Fin de Máster (TFM) sobre Turismo Sostible seleccionado en primeira posición ao finalizar o curso académico (novembro de cada ano) da rede de universidades Redintur (actualmente 30 universidades do estado español, ampliable no futuro).


O propio xurado de Redintur será o encargado de seleccionar o mellor Traballo Final de Máster
(TFM) na liña de investigación do Turismo Sostible.

viaxe a kenia
Fonte: adcam.es
  • SAWA MARA eco-lodge é un proxecto da Asociación sen ánimo de lucro ADCAM

Regras e condicións para participar e selección do TFM gañador

Poderá participar calquera estudante que curse un Máster oficial dunha das universidades adscritas á Rede Intur, como o Máster de Turismo da USC, que elabore e defenda un TFM orixinal, en inglés ou español, cunha puntuación mínima de Sobresaínte, baixo a liña de investigación do Turismo Sostible.


O premio consiste nunha viaxe para 2 persoas (a persoa gañadora e un acompañante) a Quenia durante 5 noites no Eco-Lodge Solidario Sawa-Mara no Parque Nacional do Masai Mara, con voos
desde España do grupo Air France/KLM en clase turista, entradas ao parque nacional, safaris e
pensión completa.

O estudante gañador só deberá pagar un importe simbólico a AF/KLM en concepto de compensación de pegada de CO2 (aprox. 50 eur por persoa).

O premio está garantido para os cursos: 2021/22, 2022/23, 20223/24.

Polo tanto, garántese neste momento 3 premios para 2 persoas. Antes de finalizar este período
volverase a avaliar a posible prolongación desta acción.

O premio, que se entregará en novembro de cada ano, será válido ata o mes de outubro do
ano seguinte. Por exemplo, a persoa gañadora do premio en novembro 2022 poderá viaxar ata outubro de 2023. O premio non é reembolsable nin se pode cambiar por ningún outro viaxe ou concepto.
O estudante gañador do premio deberá poñerse en contacto con Icárion para reservar datas coa
maior antelación posible, que serán confirmadas en base á dispoñibilidade dos provedores.


Os custos do premio estarán repartidos da seguinte forma entre os partners:

• Voos dende Barcelona ou Madrid: Air France / KLM
• Traslados en Quenia: Icárion
• Entradas ao Parque Nacional Masai Mara: Icárion
• Aloxamento en tenda dobre e pensión completa: ADCAM
• Safaris e actividades durante a estancia no campamento: ADCAM

Temáticas dentro da liña do Turismo Sostible

Baixo a liña de investigación do “Turismo Sostible” teñen cabida traballos enfocados cara ao
desenvolvemento dun turismo máis responsable, en calquera das súas áreas; ambiental, social
e económica. Considéranse dentro das temáticas aceptadas de TFM os relacionados con:


  • Turismo responsable
  • Turismo solidario e turismo comunitario
  • Turismo ecolóxico
  • Turismo rexenerativo
  • Turismo accesible
  • Turismo rural e gastronómico como alternativa de desenvolvemento do destino
  • Aviación e turismo sostenible (biocombustible, aiación eléctrica,…)
  • ODS e turismo
  • RSC na intermediación turística
  • RSC na gobernanza dos destinos (OMDs)
  • Márketing sostible
  • Economía colaborativa no turismo

Prazo e presentación de solicitudes e documentación a achegar

A documentación dos traballos seleccionados será enviada a REDINTUR antes do 4 de outubro do ano académico que se convoca.

convocatoria e solicitude


A documentación incluirá:

  1. Acta de avaliación emitida pola comisión avaliadora da universidade:
    Datas da reunión, membros da comisión, nome e apelidos dos estudantes
    propostos, segundo queda recollido no Anexo 1.
  2. Resumo executivo do TFM elaborado polo estudante dun máximo 10 páxinas cos
    Criterios REDINTUR indicados no Anexo 2. Devandito resumo deberá ser anónimo, por tanto, o nome, filiación institucional, datos de contacto e nota biográfica do autor non deben aparecer no mesmo e enviarase a través de info.redintur@gmail.com

Empresas organizadoras

Filed Under: Sen categorizar

Nova convocatoria do programa Explorer para emprendedores da USC

Información promocional do programa Explorer

O programa Explorer para a mocidade emprendedora da USC xa abriu o prazo de inscrición ata o 13 de decembro a través da plataforma Santander X.

Cursos e mentoring

Esta convocatoria, destinada ao talento mozo, brindará ás persoas inscritas 12 semanas de sesións de formación e mentoring que se desenvolverán desde o 30 de xaneiro ata finais de abril na Facultade de ADE e no edificio Emprendia.
 
A mocidade terá a oportunidade de conectar coa comunidade internacional con emprendedores de Argentina, Brasil, Chile, México, España, Portugal, Reino Unido, Uruguay, Alemaña e EE.UU.
 
Os mellores proxectos participarán no Explorer Trip, nun polo de emprendemento internacional que se celebrará en Valencia.
 

Finalidade do programa

 
O fin último é que os participantes desenvolvan as habilidades necesarias (liderado, traballo en equipo ou habilidades de comunicación) para transformar a súa idea de negocio nunha solución viable e sostible.
 

Máis información:

  • Facebook
  • Twitter
 

Filed Under: Sen categorizar

Inauguración da Exposición HEURA. Rede de mulleres Confía

Exposición HEURA

O venres 14 de novembro ás 12h inaugúrase a Exposición HEURA no hall da na nosa Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela.

A exposición HEURA é unha mostra itinerante cara á divulgación do programa Confía, que apoia iniciativas de autoemprego para mulleres en situación ou risco de vulnerabilidade. Trátase dunha montaxe audiovisual con fotografías e vídeos para divulgar e conmemorar o 10º Aniversario do Programa Confía para mulleres en situación ou risco de vulnerabilidade.

Este proxecto está promovido pola organización Treball Solidari, conta con financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e chega a Compostela como parte dunha itinerancia por distintas localidades da contorna estatal que a levarán a visitar Castela León, Cantabria, Cádiz, Murcia, Barcelona e Madrid.

O Programa Confía púxose en marcha no ano 2011 en Baleares para apoiar iniciativas de autoemprego de mulleres en situación de vulnerabilidade. Trátase dun iniciativa innovadora que fusiona técnicas de formación e acompañamento ao emprendemento comúns en Europa coas metodoloxías de microcrédito grupal tan estendidas nos países do Sur. Actualmente o Programa funciona en Baleares, Madrid e Barcelona, xestionando 30 grupos que reúnen un total de 444 mulleres.

Exposición HEURA
canle YouTube

Filed Under: blog, blog, novidades, novidades, novidades, novidades, novidades, novidades

O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca os Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2022

Estes premios recoñecen a innovación e o deseño como factores esenciais para aumentar a competitividade, o rendemento económico e a calidade de vida dos cidadáns. Con eles preténdese fomentar a cultura do deseño e da innovación en España, tanto no ámbito empresarial como no conxunto da sociedade.

Premios Nacionais de Innovación e de Deseño durante a edición 2021

Modalidades dos premios

 

  • Premio Nacional de Innovación na modalidade “Traxectoria Innovadora”, dirixido a profesionais cunha traxectoria de polo menos dez anos na que a innovación foi unha das características relevantes.
  • Premio Nacional de Innovación na modalidade “Gran Empresa”, dirixido a grandes empresas cunha actividade innovadora de polo menos dez anos.
  • Premio Nacional de Innovación na modalidade “Pequena e Mediana Empresa”, dirixido a pequenas e medianas empresas cunha demostrada actividade innovadora de polo menos cinco anos.
  • Premio Nacional de Deseño na modalidade “Profesionais”, dirixido a profesionais do deseño (persoas físicas ou equipos de profesionais) cunha traxectoria de polo menos dez anos de recoñecido prestixio no sector.
  • Premio Nacional de Deseño na modalidade “Empresas”, dirixido a empresas consolidadas que incorporasen o deseño á súa estratexia empresarial durante polo menos dez anos.
  • Premio Nacional de Deseño na modalidade “Novos Deseñadores”, dirixido a aqueles creadores, cunha idade que non exceda os trinta e cinco anos no día da presentación da candidatura, e cunha traxectoria profesional inferior a dez anos.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 7 de xullo de 2022 ás 15h.

Extracto da Orde pola que se convocan os Premios Nacionais de Innovación e de Deseño 2022 (boe.es)

Máis información

Filed Under: Sen categorizar

Sorteo e colaboración cunha tese de doutoramento

Dende o Máster en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas, solicitamos a vosa colaboración.

Trátase do cuestionario empregado na elaboración da tese de doutoramento titulada “Cara a unha restauración sostible: análise dos antecedentes da incorporación de alimentos sostibles en restaurantes e das súas consecuencias no comportamento do consumidor” elaborada  por Cristina López Quintela, e codirixida polo profesor do máster Adolfo Carballo Penela.  

As persoas que envíen o cuestionario cumprimentado poderán entrar no sorteo dun convite para dúas persoas nun restaurante da lista Soles Repsol.

A vosa resposta será importante para que Cristina poda defender a súa tese.

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.

Encher enquisa

Filed Under: Sen categorizar

  • Go to page 1
  • Go to page 2
  • Go to page 3
  • Interim pages omitted …
  • Go to page 24
  • Go to Next Page »

Footer

  • Programa
  • Matrícula
  • Bolsas
  • Blog
  • Actividades
  • Alumnado
  • Campus virtual
  • Email USC
  • Guía do estudantado
  • Horario
  • Biblioteca universitaria
  • Actividades
  • Contacto
  • Preguntas frecuentes
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Oficina de Información Universitaria (OiU)
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Galego
    • Español (Spanish)

Aviso legal | Política de privacidad | Política de cookies

Esta web emprega cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia. Se continúa navegando entenderemos que acepta o seu uso.
Privacidade e Política de Cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR