FEIRA DE EMPREGO VIRTUAL

A VII Feira de Emprego organizada pola Cámara de Comercio da Coruña celébrase íntegramente de forma virtual para seguir potenciando o achegamento entre empresas e mozos rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil que desexan incorporarse ao mundo laboral. Este evento enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego ( PICE) das Cámaras de Comercio de España.

Unha vez rexistrados, os participantes poderán presentar o seu currículo a decenas de empresas a través de entrevistas online, reservando previamente a cita. Tamén poderán conectarse con orientadores laborais que lles asesorarán de forma personalizada segundo os seus perfís e a súa experiencia. O programa inclúe interesantes seminarios e talleres que abordarán todos os temas relativos á selección de persoal, para que os asistentes potencien as súas habilidades.

Participarán empresas como Gadisa, Estrela Galicia, Adecco, Prosegur, Vegalsa…

Horario: de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas

Programa

9:30 h– Inauguración e entrevistas coas empresas
Cal é o teu obxectivo? Márcate unha meta profesional: Vitoria Mariño Martínez (Consultora de Gálica)
10:00 h– O currículo como arma de venda: María Dorrego (Grupo Clave)
10:30 h– Potencia as túas habilidades sociais: María García Trincado ( Formadora e Orientadora laboral).
11:00 h– Como utilizar as redes sociais para empregarche: Covadonga Abril Paredes (Directora de proxectos e responsable técnica de Talentiers group)
11:30 h– A primeira impresión conta; imaxe e actitude: Noemí Bellas Mella ( Líbolis)
12:00 h– Entrevistas de éxito: Inma Rodríguez Cuervo ( RSC Galicia)
12:30 h– Que profesionais teñen unha maior demanda e que carencias en formación se observan na mocidade?: Ana Rivera de Lago ( RR. HH Grupo Imán)
13:00 h– Coloquio

Máis información en https://feriaempleoacoruna.es/

 

No seguinte vídeo móstrase unha pequena presentación da feira de emprego:

Bolsas de colaboración de estudantes universitarios en departamentos universitarios

Destinatarios: Estudantes matriculados en últimos cursos de grao ou de máster que cumpran os seguintes requisitos:

a) Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de máster oficial ou de doutor.

b) Estar matriculado no curso 2020-2021 en ensino oficial da totalidade das materias ou créditos de primeiro curso de máster.

c) Obter no expediente académico correspondente aos estudos universitarios previos que dan acceso ao máster a nota media de:

• 7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicos.

• 7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas

• 7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde

• 8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

Prazo: Aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Dotación: 2.000€

Toda a información sobre a convocatoria aquí

A I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo-A Guarda celebrarán os próximos 24 e 25 de setembro a I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo, iniciativa que forma parte do proxecto de cooperación Mar das Illas, no que participan os tres GALP e do que son socios colaboradores o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra e a Asociación Mar Seguro de Galicia.

O xoves día 24 de setembro terá lugar un congreso no Pazo da cultura de Pontevedra. A este congreso asistirán de forma presencial un máximo de 30 persoas e as demais interesadas poderán facelo en streaming, realizando a previa inscrición no seguinte formulario:

O segundo día da xornada, o 25 de setembro, realizarase unha visita guiada ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que contará coa participación da trintena de persoas que acudiron presencialmente ao congreso o día anterior.

Ofrecer unha visión do estado das actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo a nivel nacional e internacional constitúe o principal obxectivo do congreso. Ademais, será un punto de encontro e de debate das persoas interesadas deste tipo de turismo.

Esta xornada abrirana a presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez Nores; a conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana Carballo e o representante da Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Carlos Aldereguía Prado.

O proxecto ‘Mar das Illas’

É un proxecto que busca promover a actividade do turismo mariñeiro e o pescaturismo entre o colectivo de pescadores nas Rías Baixas de Galicia, a través da súa formación como guías acreditados de turismo mariñeiro no ámbito do Parque Nacional dás Illas Atlánticas.

Ata o momento, xa se formaron como guías 150 profesionais do mar. Ademais da realización de titorías personalizadas para todos os profesionais que decidiron emprender na actividade.

O Caravaning aumenta moito este verán pola crise do coronavirus

Dende que finalizou o estado de alarma o pasado 21 de xuño e se instaurou a nova normalidade, os plans de moitos españois cambiaron. O turismo de masas e as viaxes afastadas quedaron atrás e a tendencia mudou a outro tipo de turismo, o Caravaning. Ademais do Caravaning, outra alternativa con preferencia este verán foi o turismo rural, que aumentou en relación ao contexto que estamos a vivir.

Nos seguintes gráficos móstrase unha tendencia á alza tanto da compra como o aluguer de autocaravanas ou caravanas, novas ou de segunda man:

O crecemento de máis do 80% con respecto ó ano anterior das procuras relacionadas con “alugar autocaravana”, rexistraron só en xuño de 2020 unhas 110.000 procuras. Coas palabra chave “alugar caravana” as buscas foron dun total de 40.500 e cun crecemento tamén por riba do 80%. Ademáis o aumento superior ó 125% da compra de caravana de segunda man.

O viaxeiro da ‘Nova Normalidade’

– Máis dixital: Realiza procuras, reservas da viaxe por internet.
Aforrador: Ante esta crise sanitaria e económica como consecuencia da Covid-19, o cliente gaste menos.
Preocupación pola seguridade e a saúde: Valora moito as medidas hixiénicas dos establecementos turísticos onde vai.
Preferencia polos destinos onde realizar actividades ao aire libre e con flexibilidade para modificar e cancelar reservas: Isto é debido a que se xorden novos brotes que fagan que se restrinxa a mobilidade.

As procuras de alternativas vacacionais creceron case un 30% nos últimos meses, para destinos de proximidade e na natureza, ós que se poida chegar con vehículo propio, como é o caso das autocaravanas.

Fonte: weekenddesk.es

En definitiva, este verán o turismo caracterízarase principalmente pola proximidade e as viaxes por estrada en vehículo propio como as autocaravanas. Estas últimas, ofrecen unha liberdade de movemento e un baixo risco de contagios provintes do exterior ó dispoñer de todos os servizos precisos dentro da mesma.

Recepcionista Hotel 5 ESTRELAS

 

Requisitos:

  • Titulación mínima: Grao
  • Experiencia: De 2 a 3 anos
  • Idioma imprescindible: Inglés, nivel alto en comunicación verbal e escrita. B2
  • Coñecementos de idiomas: Valóranse coñecementos nun segundo idioma estranxeiro, preferentemente Francés ou Alemán.

Funcións:

Realizar de maneira cualificada e responsable a xestión, o control e o seguimento do conxunto de tarefas que se desenvolve no Departamento de Recepción.

Máis información: Jobitur