Revenue Manager (para titulados recentes)

  • Empresa: Eurostars Hotel  Company
  • Departamento: Revenue
  • Localización: Diferentes localizacións

Eurostars Hotel  Company, marca que engloba as cadeas hostaleiras de xestión propia de Grupo Hotusa (Eurostars  Hotels,  Exe  Hotels e  Ikonic  Hotels) ofrece un programa de formación para todas aquelas persoas que desexen iniciar a súa carreira profesional no sector da hotelaría e cuxo obxectivo é formarse en distintos departamentos nalgúns dos hoteis da nosa compañía no territorio nacional.

Grazas ao Programa de Formación en  Revenue poderás aprender e adquirir experiencia naqueles departamentos máis relevantes para un correcto desempeño nos nosos hoteis.

Se es recentemente graduado/a en ADE, Turismo ou similar, e queres desenvolverte neste sector, formámosche un plan de carreira dentro da compañía para converterche nun futuro especialista en  Revenue  Management.

Recibirás formación en distintos hoteis da compañía a nivel nacional en Recepción (6 meses), Reservas (1 ano) e  Revenue (6 meses) co obxectivo final de incorporarte no noso equipo de  Revenue das oficinas de Galicia (Chantada).

Requisitos mínimos:

  • Grao finalizado de Turismo, ADE ou similar
  • Nivel de inglés avanzado
  • Dispoñibilidade xeográfica para cambio de residencia durante os 2 anos nos que se realiza a formación nos distintos departamentos.
  • Ofrécese:

Ofrecemos:

  • Formación en distintos departamentos e hoteis nacionais
  • Paquete retributivo (salario + aloxamento) durante o programa de 2 anos
  • Contrato indefinido na incorporación definitiva nas oficinas

Interesados/as enviar CV a: rr.hh2@grupohotusa.com

Programas de prácticas e voluntariado AISEC in Galicia

AISEC é a asociación de xuventude internacional máis grande do mundo e actualmente reúne máis de 27.000 empresas do país de diferentes sectores de actividade.

Galicia, ten a sorte de dispoñer dunha delegación, concretamente en Santiago de Compostela.

Os programas que a asociación oferta son fundamentalmente 3, todos eles gratuítos:

  • Global entrepreneur
  • Global volunteer
  • Global talent

A continuación, no folleto informativo que segue, poderás ver en qué consisten e qué requisitos habería que cumprir para participar.

 

Información sobre os programas de prácticas

Para descargar o folleto clica neste enlace.

 

AIESEC tamén axuda ás empresas a traer xente de outros países a realizar prácticas.

As páginas para buscar proxectos internacionais son as seguintes:

  • Voluntariado: URL
  • Prácticas para xente sen experiencia: URL
  • Prácticas para xente con algo de experiencia: URL

E por último, a continuación podes ver o vídeo promocional de AIESEC:

DATOS DE CONTACTO | AISEC (Universidade de Santiago de Compostela)

Para máis información podedes visitar podedes preguntar a través do seguinte emailsantiago.compostela@aiesec.es

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – Campus Santiago, 15700 (Santiago de Compostela)

Email: Global Volunteer: alejandra.casares@aiesec.net
Email: Global Talent/Entrepreneur: sabeletas@gmail.com

Webs e redes sociais AIESEC:

Talent Match Grupo Hotusa

Achégase a final do Reto Hotusa.

Finalmente ningún dos grupos participantes no Talent Match da Universidade de Santiago de Compostela puideron conseguir obter o seu pase á final do evento Open Day nas instalacións Eurostars Hotels que se celebrará o vindeiro sábado 20 de maio.

Seguiremos animando aos estudantes a participar en próximos retos vinculados á súa formación.

 

Galeuropa 2017

A convocatoria de presentación de solicitudes para o programa de mobilidade xuvenil Galeuropa xa está aberto. O fin deste programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos rapaces e rapazas galegos a través da adquisición de experiencia no ámbito laboral en países europeos.

A continuación pode ver as táboas de contías e axudas:

TÁBOAS_CONTÍAS_AXUDAS

Para máis información visitar o seguinte enlace.

Director/a de hotel en A Coruña, Santiago de Compostela y Torrelavega

Fecha de la oferta: 06/04/2017

  • Ubicación: A Coruña, Santiago de Compostela y Torrelavega
  • Tipo de contrato: jornada completa
  • Experiencia: al menos 3 años
  • Número de vacantes: 3

Grupo Hotelero con presencia nacional e internacional necesita seleccionar Directores/as de Hotel para hotel de 4 estrellas en Oviedo.

Requisitos:

  • Diplomado o Licenciado en Turismo, económicas, ade o similar
  • Inglés nivel alto, valorable buen nivel de alemán
  • Muy valorable experiencia en hoteles de 3 y 4 estrellas
  • Perfil muy operativo y con un gran enfoque a cliente.

 

Funciones :

  • Responsable de la cuenta de explotación
  • Coordinar su actividad con los departamentos del hotel
  • Desarrollo e implantación de procedimientos
  • Supervisar las compras y aprovisionamientos del hotel
  • Asegurar que el nivel de satisfacción sea alto y con los estándares de la compañía
  • Atender personalmente a los clientes del hotel , ejercitando de anfitrión y trasmitiendo un trato personalizado
  • Desarrollar y gestionar las acciones necesarias para un buen posicionamiento del hotel, tanto con acciones comerciales como online.
  • Reportar periódicamente a la dirección general sobre los resultados del hotel.
  • Dirección, gestión y formación del equipo.

Tres vacantes para: A Coruña, Santiago de Compostela y Torrelavega

Inscribirse en esta oferta: AQUÍ

 

 

Axente de viaxes en A Coruña

Data da oferta: 31/03/2017

  • Ubicación: A Coruña, A Coruña
  • Tipo de contrato: de duración determinada, xornada completa
  • Número de vacantes: 1

Halcón Viajes selecciona Axentes de Viaxes especialistas no sector empresas para as súas oficinas en A Coruña.

Funcións:

  • Reserva de servizos para empresas (billetes aéreos, tren, hotel,  alquiler de coches, salas de reunións, restaurantes, etc.)
  • Seguimento da reserva e envío de bonos derivados.
  • Facturación das reservas xestionadas.

Requisitos:

  • Experiencia mínima de 2 anos como axente de viaxes de empresa.
  • Dominio de Amadeus (experto en tarifas, colas, perfís, reembolsos, re-emisións, all fares, smart keys, coches, hoteis).
  • Nivel medio/alto de inglés.

Inscribirse nesta oferta: AQUÍ