As marcas ven unha oportunidade nos viaxeiros premium

Os viaxeiros premium teñen unhas características que lles converten nun reclamo importante para as marcas. Estes queren aproveitar a súa experiencia de viaxe ao máximo, gústalles explorar a cultura e os costumes locais a través da comida tradicional e as paisaxes, así como a vida nocturna. O elemento crave para estes viaxeiros á hora de elixir destino é o aloxamento.

Grazas á colaboración do Instituto de empresa, realizouse un estudo coa finalidade de obter os datos que nos permitan entender o comportamento deste tipo de viaxeiros á hora de planificar as súas viaxes. O estudo realizouse nos mercados de España, Reinio Unido e EE. UU. Os datos máis destacados son:

 

Saben o que queren

  • Respecto a aventuras e deportes a diferenza cos viaxeiros estndar é do 19%.
  • Cando falamos de explorar a gastronomía local a porcentaxe de viaxeiros estándares é de 32%, mentres que o dos viaxeiros premium sobe a un 50%.
  • As porcentaxes respecto a temas como compras, vida nocturna e a asistencia a eventos especiais en viaxeiros estandar está entre un 15-16%, e para os premium esta porcentaxe duplícase ata alcanzar un 32- 36%. 
Son dixitais: Os viaxeiros premium caracterízanse por ser persoas que utilizan múltiples dispositivos para enriquecer a súa experiencia por exemplo:

  • Buscadores
  • Axencias online
  • Perfís sociais
  • Youtube
Son creadores de contido.

  • Comparten detalles da súa habitación, do hotel…
  • Son moi activos en RR. SS
  • Comparten vídeos e fotos da súa viaxe.
Son previsores e flexibles, compran por adiantado todas as actividades de lecer da viaxe. Buscan a personalización, rehuyen das opcións estandarizadas

 

Forte caída do turismo rural en Galicia en novembro 2019

Nese mes, 8.600 persoas optaron por hospedarse, polo menos unha noite, nun aloxamento rural, unha cifra inferior aos viaxeiros que visitaron Galicia no mesmo período do ano anterior, concretamente 10.000. Isto supón, un 14,2% menos que en 2018.

Se o separamos en viaxeiros nacionais e estranxeiros os datos que obtemos son os seguintes:
-Se nos centramos en viaxeiros nacionais que visitou a comunidade autónoma de Galicia, o descenso é do 12,4%.

-Doutra banda a cifra de viaxeiros estranxeiros en 2018 foi de 1.400, mentres que en novembro de 2019 foi de 1.000,o que supón un descenso interanual dun 25%.
O descenso máis acusado foi nas pernoctacións, iste foi do 19,7% interanual. Por unha banda as pernoitas de turistas nacionais foron 12.000 mentres que no mesmo período do ano anterior fora de 14.000.
Doutra banda as pernoitas dos turistas estranxeiros sufreu un descenso dun 39,2%.
En canto ao número de días de estancia media dos turistas nos aloxamentos rurais é de 1,57.
O grao de ocupación dos aloxamentos rurais as fins de semana tivo un descenso case imperceptible, só un 0,8%.

Con estes datos a conclusión que sacamos é que as tendencias do turismo en Galicia son as mesmas que no resto de España , xa que os turistas que nos visitan prefiren en primeiro lugar as vivendas de familiares ou amigos (46%). A segunda residencia como destino vacacional é a elixida polo 15,2%, mentres que o 12,2% hospédase noutro tipo establecementos, como son turismo rural, os apartamentos turísticos e os cámpings, e o 2,2% en aloxamentos non regulados, como pisos ou habitacións ofertados por particulares á marxe da lei.

 

 

Bolsas de formación práctica en mercados emisores durante o ano 2020

Co obxecto de fomentar o perfeccionamento profesional de estudantes de turismo convócanse 9 bolsas de prácticas formativas de especialización en mercados turísticos emisores nas cidades de Londres, París, Berlín, Lisboa, Miami, Bruxelas, Cantón, Roma e Dublín.

A duración máxima é de 10 meses, contados dende a data da incorporación das persoas bolseiras, sendo a data prevista de incorporación dos/as bolseiros/as aos seus destinos o 1 de marzo de 2020.

1- Requisitos:

1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2.  Estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente.

3. Linguas:

a) Galego: Celga 4.

b) Outras linguas:

O nivel de coñecemento será o seguinte:

– Nivel B2 na lingua oficial do país para as bolsas de Londres, Dublín, Berlín, Miami e París.

– Nivel B2 en francés ou, na súa falta, inglés para a bolsa de Bruxelas.

– Nivel B2 en chinés ou, na súa falta, inglés para a bolsa de Cantón.

– Nivel B1 na lingua oficial do país para as bolsas de Lisboa e Roma.

2- Solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • Prazo: 24/12/2019 – 23/01/2020
  • Documentación complementaria a achegar no procedemento:

a) Copia do pasaporte no caso de nacionais da Unión Europea residentes fóra de España e que non posúan NIE.

b) Certificación do pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios.

c) Certificación académica persoal de carácter oficial do título universitario con que se presenta á selección.

d) Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.

e) Copia do certificado do Celga 4.

f) Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas

g) Informe de vida laboral

3- Fases do procedemento:

– test de coñecementos turísticos: Máximo 5 puntos

– Caso práctico sobre coñecementos turísticos: Máximo 5 puntos

– Probas de idiomas: Máximo 5 puntos

– Entrevista persoal: Máximo 5 puntos

O test de coñecementos consistirá nun cuestionario tipo test cun máximo de 50 preguntas sobre as materias incluídas nos temas 1 a 12 do anexo II.

O caso práctico sobre coñecementos turísticos será unha proba escrita sobre as materias incluídas nos temas 13, 14 e 15 do anexo II.

A proba de idioma desenvolverase en dous exercicios:

– Primeiro exercicio: consistirá nunha tradución ou redacción dun texto na lingua oficial do país elixido.

– Segundo exercicio: consistirá nunha proba oral en que se avalíen as competencias en expresión e comprensión da persoa candidata na lingua do país receptor.

4-  Temario

Tema 1. Principais recursos do patrimonio arquitectónico en Galicia.

Tema 2. Principais recursos do patrimonio cultural inmaterial galego, en especial o folclore.

Tema 3. A gastronomía galega.

Tema 4. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

Tema 5. Elementos principais da rede de museos e centros de interpretación de Galicia.

Tema 6. Os tramos galegos dos camiños de Santiago.

Tema 7. Áreas naturais no litoral: rías, illas e praias, zonas húmidas e areais, acantilados.

Tema 8. Áreas naturais do interior: as montañas, os vales fluviais, os bosques e as lagoas.

Tema 9. As cidades e vilas galegas como focos de atracción turística.

Tema 10. Os novos produtos turísticos de Galicia (turismo termal, rural, de congresos e convencións, náutico, golf, turismo activo e de natureza, etc.).

Tema 11. Competencias da Administración do Estado e da Xunta en materia turística.

Tema 12. A Administración turística en Galicia. Órganos e funcións.

Tema 13. Nocións básicas sobre planeamento de destinos turísticos.

Tema 14. Ferramentas de promoción e comercialización de produtos e paquetes turísticos.

Tema 15. Estratexias de promoción e comercialización de Galicia como destino turístico.

 

Podes revisar a convocatoria do Diario Oficial de Galicia (DOG) para máis información pinchando aquí

Para tramitar en liña a solicitude podes acceder a través de este link

 

Os traballadores das APPS tamén puntúan

Co obxetivo de rematar ca tiranía dos consumidores, a través da reciprocidad as empresas ofrecen esta posibilidade os seus traballadores.

No obstante  como dí James Surowiecki, autor de Sabiduría de los grupos, a intelixencia do grupo falla cando somos demasiado conscientes dos demáis. Polo tanto a través deste sistema pódese entrar nunha espiral de venganzas polas malas puntuacións ou de boas recomendacións. Tamén Michael Patrick Lynch, autor de The intenet of us, comenta que as enquisas poden influir a hora de votar.

 

 

Igual que os clientes cando  chegan o seu destino puntúan os conductores, desde este verán Free Now, unha app de reserva de taxis, permite que os conductores valoren os clientes e poñer os comentarios que estimen convenientes. Éstos podrán consultar a nota de cada viaxeiro antes e así decidir se o recollen ou non. Con isto o que pretende a compañía e buscar patróns de comportamento e a conducta co fin de mellorar.

Actualmente puntuamos todo hoteis, restaurantes, películas…¿por qué iban non se poden valorar os clientes?.

No caso de Uber, sobre todo en países como en Estados Unidos donde está moi implantado, é tema de conversación posto que os usuarios poden consultar as súas puntuacións no seu perfil.  A app de Cabify é moito máis sinxela, o conductor valora os viaxeiros dandolle click o pulgar hacia arriba ou hacia abaixo. Os clientes de Airbnb poden consultar os comentarios que os anfitrións deixaron  e contestar se o estiman oportuno, pero non a súas puntuacións.

Esta práctica plantea outro inconveniente que as empresas anteriormente mencionadas poden reservarse o dereito de admisión a usuarios con baixas puntuacións, non quedando claros os motivos.

Analizadoo friamente os conductores tamén poden perder os seu emprego se teñen unha puntuación baixa, ¿por qué as empresas non poden negarse a prestar o servizo a determindos clientes?.

En Estados unidos estase a utilizar datos alternativos por parte dos bancos a hora de conceder ou non un préstamo, por exemplo o pago das facturas do móbil e da televisión. Empresas como Experian van máis alá e suxiren utlizar como datos alternativos a actividade nas redes sociais.

Estos sistemas incítanos a valorar os extremos, co cal os puntos medios pérdense. Polo tanto una alternativa pode ser que en vez de puntuar ca máxima puntuación, deixar unha boa propina. E ter paciencia xa wue un mal día o ten calquera e non por iso poñerlle una puntuación baixa que faga que lle baixe a media.

Servizo de elaboración do plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante o ano 2020.

O obxectivo do acordo e a contratación dun servizo que permita implementar o plan de medios de ámbito galego e nacional para a  Axencia de Turismo de Galicia.  A finalidade e sensibilizar á poboación e os sectores implicados sobre os valores do turismo e a gastronomía de Galicia.

Este acordo comprenderá a estratexia e a xustificación das operacións que incluirán:

  • Os custos da estratexia , investigación e a avaiación dos plan de medios.
  • O custo da adquisición de espazos publicitarios nos medios de difusión.

O acordo vaise basar en cinco puntos principais:

  • Promoción turística de Galicia, sobre na Semana Santa e nas pontes de maio.
  • Potenciando a variedade dos productos galegos asi como a súa calidade.
  • Promoción turística de Galicia no verán.
  • Promoción turística de Galicia no outono.
  • Concienciación e acollida de turistas.

O orzamento é de máis de 6 millóns de euros, con IVA incluído.

Costa da Morte estreará o parador de Muxía en marzo

Para a Semana Santa do 2020 espérase que funcione  a pleno rendemento e supoñerá unha atracción turística cunha gran dinamización económica para a zona o que convertertendoa  nun motor de xeración de emprego.

Estimase que xerará 45 empregos directos, apostando polo consumo de productos locais.

Este establecemento será o número 97 de paradores de España. Contará con 63 habitacións, cinco delas suits, spa, salóns, zonas comúns, piscina , aparcamentos interiores e dous ascensores panorámicos, desde os cales poderanse ter unas magníficas vistas da praia de Lourid, da vila de Muxía e mesmo do faro  Vilán, de Camariñas.

O hotel disporá nas súas instalación dunha biblioteca na que os clientes poderán disfutar de obras da literatura galega e de escritores do Batallón Literario da Costa da Morte.

Na decoración do hotel, encargada a unha empresa galega, representarase a esencia da Costa da Morte, así como de Galicia e do Atlántico.

A arte, cultura e tradición galega veranse reflexados en fotografías de profesionais destacados como Xosé Suárez, Ramón Caamaño ou Xosé Vidal.

Asimismo vanse expoñer esculturas de Francisco Leiro e a artesanía da Costa da Morte como o encaixe de camariñas ou a cerámica de buño.

O director,Julio Castro Marcote, nato en fisterra ten unha gran experiencia en Paradores xa que foi o encargado de poñer en marcha o parador de Santo Estevo de Ribas de Sil.

O acto da plantación dun acivro autóctono, que sustituiu a tradicional entrega de chaves, acudiron a Secretaria de Estado de Turismo e presidenta de Turespaña , Isabel Oliver, o Presidente de Paradores de Turismo de España, Oscar López ,o alcalde de muxía,Iago Toba.Tamñen acudiron o acto o delegado de gobernó de Galicia, Xavier Losada, a directora de Turgalicia, Nava Castro, e o director do hotel entre outras personalidades.