As axencias de viaxes piden á Generalitat que permita o turismo internacional

A Asociación Corporativa de Axencias de Viaxes Especializadas (Acave) pide á Generalitat de Cataluña que permita a entrada de turistas estranxeiros a partir do 23 de novembro e así poder retormar a súa actividade.

O goberno español decretou que os viaxeiros que veñan a España teñen que ter unha PCR negativa realizada polo menos 72 horas antes de chegar a España. Dita asociación recomenda que se substitúan esas PCR por test rápidos, xa que como estes argumentan, moitos españois que viaxen por motivos laborais ou viaxes excepcionais non o poidan facer a aqueles países considerados de risco en menos de 72 horas.

Serían os viaxeiros de 65 países os que terían que presentar unha PCR negativa para entrar no noso país a partir do 23 de novembro. Esta medida o que pretende é frear a expansión do virus do Covid-19 e homoxeneizar os modelos de control sanitario que xa esixían ós pasaxeiros españois na maioría dos países da Unión Europea. Esa listaxe de 65 países elaborouse tendo en conta aqueles países que teñen unha incidencia acumulada nos últimos 14 días de máis de 150 casos por cada 100.000 habitantes.

Nesta listaxe atópanse países como Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Irlanda, Portugal ou Suecia entre outros, e actualízase cada día 15 días na web do Ministerio de Sanidade.

Fonte: Tur 43

A hostalería recibirá 16 millóns de euros en axudas directas da Xunta de Galicia antes de fin de ano

O pasado luns celebrouse unha reunión entre a Clúster de Turismo de Galicia, a vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Conselleira de emprego.

Nesta reunión, os membros da Xunta de Galicia explicaron a repartición de 16 millóns de euros en axudas, dos cales 12 millóns son para a hostalería e 4 para empresas de lecer nocturno, ademais de informar sobre os requisitos da concesión de 70 millóns para autónomos e microempresas dos sectores máis castigados pola pandemia do coronavirus.

O plan da Xunta para afrontar a nova situación céntrase en tres liñas de axudas:

1- En primeiro lugar, haberá axudas para complementar por cesamento de actividade a autónomos, que se recibirán nun único pago de 1.200 euros.
2- En segundo lugar, haberá axudas para microempresas e autónomos con empregados. Para acceder a estas axudas será necesario que teñan autorizado un ERTE dende marzo e poder acreditar mediante unha declaración responsable que os seus ingresos descenderon en máis dun 50 por cento. Estas axudas serán de 4.000 euros (que poderán chegar a 5.000 en casos de actividades especialmente afectadas).
3- A terceira liña será a de axudas directas para os efectos da paralización da actividade en 60 municipios. Será de 1.000 euros por mes pechado para empresas con menos de 10 traballadores e de 1.500 € no caso de empresas con máis traballadores.

Tanto os responsables da Xunta como os representantes do sector coincidiron na necesidade da implicación doutras administracións neste rescate xa que hai medidas, sobre todo de tipo fiscal, e outro tipo de axudas directas necesarias, que dependen do Goberno central.

O sector turístico forma parte da solución do problema agora, e será imprescindible para a recuperación social e económica cando se controle a pandemia.

O Vicepresidente da Xunta comprometeuse a ter todo listo no prazo dunha semana para que as axudas poidan ser recibidas por empresas e autónomos, en calquera caso, antes de final de ano.

Esta reunión foi a primeira que a Xunta desenvolverá cos diferentes subsectores do turismo representados na Agrupación industrial.

 

Fonte: Clúster de Turismo de Galicia 

VI Proxecto Mentoring USC

O Proxecto Mentoring da USC trátase dun programa impulsado dende a Área de Orientación Laboral e Emprego da Vicerreitoría de Igualdade Cultura e Servizos que ten como obxectivo iniciar ao alumnado universitario e titulados e tituladas recentes, nun programa de apoio individual para a toma de decisións e a  planificación do seu futuro profesional.

A inscrición no proxecto pode formalizarse ata o 11 de novembro nesta ligazón.

QUEN PODE PARTICIPAR NESTE PROXECTO?

  • Estudantes de máster ou titulados de máster no curso 2019/20.
  • Graduados no curso 2019/20.
  • Estudantes de último curso de grao.

Poñer en contacto ao estudantando de máster, graduados/as ou último ano de grao (mentorizados/as) con persoal directivo de empresas e profesionais (mentores/as), co fin de que estes poidan orientalos e apoialos no desenvolvemento da súa carreira profesional.

O alumnado terá encontros cos mentores, ademais poderá participar en infinidade de actividades formativas co fin de facilitar a súa empregabilidade entre as que destacan, a elaboración dun currículo exitoso, utilización de redes sociais profesionais ou marketing dixital para buscar emprego.

Máis información en: Usc Mentoring 

 

Os programas de axudas da USC pola consecuencia da crise derivada da COVID-19

PROGRAMA DE AXUDAS Á MANUTENCIÓN NAS CAFETERÍAS E COMEDORES UNIVERSITARIOS

 

As axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación mediante a emisión de bonos de comedor intercambiables por un menú diario na franxa horaria do mediodía, nos días e períodos lectivos segundo o calendario escolar do curso 2020/2021.

O crédito máximo desta convocatoria é de 100.000 euros.

Requisitos das persoas beneficiarias

  1. Requisitos académicos

– Estar matriculado/a no curso 2020-2021 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.

– Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda.

– Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos.

– Non poderá participar o alumnado que estea cursando nesta Universidade un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o alumnado que na data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade fóra de Galicia.

  1. Requisitos económicos

Poderá optar a esta axuda o alumnado cuxa Renda Persoal Dispoñible (RPD) sexa, como máximo, de 9.000 euros.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario normalizado de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: Contará desde o día seguinte da publicación no Taboleiro Electrónico e será de 10 días hábiles.

Máis información na base da convocatoria a cál se pode acceder a continuación: 

 

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A DOCENCIA VIRTUAL

 

O obxecto destas axudas é o cofinanciamento de servizos de internet para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de que poida acceder ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a súa actividade académica.

Serán subvencionables os gastos de acceso a internet que utilicen as persoas beneficiarias da axuda.

O período subvencionable abarcará o gasto realizado desde o 21 de setembro ao 16 de xullo de 2021.

Para a concesión destas axudas destinaranse 100.000 euros.

Requisitos dos beneficiarios

Os mesmos que os necesarios para obter a axuda para a manutención do alumnado nas cafeterías e comedores universitarios.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario normalizado de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de novembro.

Máis información na base da convocatoria a cál podes acceder a continuación:

 

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS DE EQUIPO INFORMÁTICO

 

O obxecto do programa é o préstamo de material informático para garantizar que o alumnado con dificultades económicas, que carezca dos medios para seguir a docencia virtual, poida acceder os recursos da docencia virtual.

Requisitos das persoas beneficiarias

– Estar matriculado/a no curso 2020-2021 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC

– Non poderá participar o alumnado que estea cursando nesta Universidade un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o alumnado que na data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade fóra de Galicia.

-Non disponer de equipamento informático e/ou nin ter conexión a internet.

-Acreditar a situación de dificultade económica do solicitante ou da unidade familiar.

-Aceptar as condicións de cesión temporal e uso, así como a penalización en caso de incumprimento.

-Formalizar unha fianza de 50€.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario normalizado de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de novembro.

Máis información na base da convocatoria  a cál pódese ter acceso a continuación:

Reactivación de ofertas para viaxar a Canarias desde Alemaña e Reino Unido

O goberno Alemán quitou da lista negra de zonas para viaxar ás Illas Canarias. Desde ese momento, sucedéronse infinidade de reaccións e lanzáronse numerosas ofertas de viaxe a estas illas como anunciou Turespaña . Estas ofertas inclúen opcións de reservas flexible e cobertura de seguros médicos en alemán.

Reino Unido tamén anunciou que manterá coas Illas Canarias un corredor turístico seguro. Tal foi o efecto desta noticia que o Conselleiro de Turismo en Londres declarou que as compañías xa realizaron un bo volume de reservas.

Os levantamentos de restricións para viaxar a Canarias por parte de Reino Unido e Alemaña foi a mellor noticia do ano para o arquipélago, xa que estes dous países son os principais emisores de turistas cara ás illas. É máis, no ano 2019, chegaron ao arquipélago ata 5 millóns de británicos e 2,6 millóns de alemáns.

Turespaña retomou de inmediato a súa actividade en Reino Unido e Alemaña e xa anunciou accións de promoción nas cidades Londres, Berlín, Frankfurt e Munich para presentar a Canarias como “o único destino de sol e praia invernal sen restricións de viaxe”.

Canarias, do mesmo xeito que Baleares, dispón desde o pasado 9 de outubro dun protocolo que permite a apertura de corredores turísticos e que inclúe, entre outras medidas, un sistema de test en orixe e destino, que garante aos turistas que visitan os arquipélagos unha viaxe segura.

Fonte: tur43.es

Axudas para cursar un máster universitario oficial en Galicia

Estas bolsas, convocadas pola Consellería de educación, axudarán a costear a titulados universitarios desempregados a matrícula nun máster universitario oficial das tres universidades galegas neste curso 2020/2021.

Requisitos:
a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos de máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
c) Estar matriculado no curso académico 2020/21 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) Non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula.
e) Non ter gozando desta axuda en convocatorias anteriores.

As solicitudes deben tramitarse electrónicamente en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A

Prazo das solicitudes: Ata o 28 de outubro de 2020.

A continuación, pódese acceder a máis información nas bases da convocatoria: