III edición do Fórum do Camiño de Santiago

Os días 12 e 13 de febreiro de 2019 terá lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a III edición de Fairway na cal se levarán a cabo conferencias, coloquios e mesas debate.

Como novidade preséntase a Fairway Academy, dous talleres sobre márketing dixital turístico co foco sobre a reputación online.

Rógase confirmación coa maior brevidade posible debido ao aforo limitado do congreso (400  pax por conferencia, coloquio ou  mesa debate) e os talleres de Fairway Academy (50 pax por taller).

Pódense consultar horarios por temática no seguinte link: https://www.fairwaysantiago.com/el-congreso

 

O alumno con mellor expediente do Máster do curso 2017/18 no World Travel Market de Londres

Antonio Rodríguez, alumno do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas no curso académico 2017/18 viaxou o pasado mes de novembro a Londres para asistir á feira World Travel Market (WTM), premiado polo Máster por ter o mellor expediente académico do seu curso.

 

WORLD TRAVEL MARKET

A feira ten unha duración de 3 días e na actualidade xa se publicaron as datas para a vindeira edición, do 4 ao 6 de novembro de 2019. A WTM é unha cita obrigatoria para o sector turístico pois nela preséntanse varios destinos fronte a profesionais especializados en turismo de todo o mundo.

Unha oportunidade para facer networking e ofrecer vantaxes competitivas nos seus negocios.

 

I Foro Hoteleiro de Turismo de Galicia

O vindeiro luns 24 de abril terá lugar  o I Foro Hoteleiro de Turismo de Galicia.

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento, o Turismo de Galicia presenta o #HOTELFORUMCSHG, un foro orientado a hostaleiros no que se darán cita profesionais expertos en dous temas principais: O Revenue Management e a Sustentabilidade hostaleira.

 

 

 

Programa 


 

HOTELFORUMCSHG-Gal


Realizar inscrición

Prazas limitadas.

Tamén podes formalizar a túa inscrición:

• Por Email: formacioncontinua@cshg.es
• Por Teléfono: 981542592 – De Luns a Venres en horario de 09.00 a 14.00h.

 

Evento organizado polo Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG).

 

Xornada

 #UpdatePeme_Turismo:
Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas.

  • Ubicación: no Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia.
  • Data e hora: este xoves 23 de 19:00h a 20:30h.
  • Destinado a: empresas do sector turístico.

Podes descargar o programa: AQUÍ

Máis información e inscricións de balde en:

https://cdtic.xunta.gal/updatepeme-turismo