Convocatoria de 21 proxectos de investigación, difusión e didáctica sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións

A Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, creada ao abeiro dun convenio asinado entre a USC e a Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, acaba de convocar 21 proxectos de investigación, difusión e didáctica sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións a desenvolver entre o 1 de febreiro e o 30 de abril do ano 2021

Poderán solicitar estas axudas os licenciados, doctorandos, investigadores e profesores universitarios, nacionais ou estranxeiros, que desenvolvan a súa actividade investigadora, divulgadora e docente en prol do ámbito da Cátedra Institucional.

Prazo de presentación de solicitudes: remata o 23 de outubro de 2020.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Universidade Santiago de Compostela e dirixiranse á Oficina de Investigación e Tecnoloxía(OIT),

As solicitudes deben conter a seguinte documentación anexa:

  1. Descrición do proxecto de investigación que recolla, como mínimo, os seguintes elementos:

-Título.

-Resumo.

-Proposta científica: Antecedentes e estado actual do tema de estudio, hipótese de partida e obxectivos xerais, obxectivos específicos, metodoloxía e cronograma.

– Plan de difusión e impacto esperado dos resultados.

  1. Currículo Vitae Abreviado (CVA) da persoa responsable do proxecto .
  2. Declaración responsable da investigadora ou investigador principal de que non percibe ou ten solicitado axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes da USC.

 

Para máis información pode acceder e consultar as bases da convocatoria na seguinte ligazón:

Bolsas de colaboración de estudantes universitarios en departamentos universitarios

Destinatarios: Estudantes matriculados en últimos cursos de grao ou de máster que cumpran os seguintes requisitos:

a) Non estar en posesión ou en disposición legal de obter un título académico de máster oficial ou de doutor.

b) Estar matriculado no curso 2020-2021 en ensino oficial da totalidade das materias ou créditos de primeiro curso de máster.

c) Obter no expediente académico correspondente aos estudos universitarios previos que dan acceso ao máster a nota media de:

• 7,25 puntos para a rama de Enxeñería e Arquitectura ou Ensinos Técnicos.

• 7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas

• 7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde

• 8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

Prazo: Aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Dotación: 2.000€

Toda a información sobre a convocatoria aquí

Convocatoria de axudas para facilitar o desenvolvemento da docencia virtual do alumnado na USC pola Covid-19

Ata o momento, realizáronse tres convocatorias que abrangueron tres períodos:

  • Desde o 14 de marzo ao 15 de abril,
  • Desde o 16 de abril ao 15 de maio
  • Desde o 16 de maio ao 15 de xuño.

Tendo en conta o volume de solicitudes das convocatorias anteriores e que o alumnado precisa manter a conexión a internet para a preparación e celebración das probas de avaliación da convocatoria de xullo e para a preparación e defensa dos TFG eTFM , é necesario establecer unha cuarta resolución para o seguinte período de gasto.

Para a concesión destas axudas destinaranse 60.000 euros. A axuda cofinanciará o 90% do gasto realizado pola persoa beneficiaria cun máximo de 40 euros por persoa.

 Ámbito temporal

O período subvencionable abarcará o gasto realizado desde o 16 de xuño e o 15 de xullo.

Requisitos dos beneficiarios

Poderán acceder á consideración de beneficiarios o alumnado que estea matriculado nunha titulación oficial de grao ou mestrado no curso 2019-2020.

Unicamente poderá solicitarse unha subvención por persoa beneficiaria.

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da USC, cubrindo o formulario normalizado de solicitude dispoñible no seguinte enderezo dirixido á Xerencia da USC:

SEDE USC

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes contará desde o día seguinte da publicación no Taboleiro Electrónico e rematará o 17 de xullo de 2020.

A documentación que deberá presentarse xunto coa solicitude

Factura ou xustificante do gasto realizado que deberá estar dentro do período temporal subvencionable.

Prácticas na Fusion For Energy

O programa de prácticas de Fusion For Energy (F4E) ten como obxectivo promover a conciencia, o coñecemento e a comprensión do papel de Europa no Proxecto ITER e no contexto europeo, así como proporcionar capacitación aos graduados universitarios no campo da enxeñería nuclear, física, administración e comunicación. O nome do proxecto, “ITER”, ven dado polo seu significado en latín, pois traducido quere dicir “o camiño” e, por tanto, o proxecto busca ser o maior experimento do mundo no camiño cara á enerxía de fusión.

O período de prácticas do proxecto é retribuído e ten unha duración de catro a nove meses en calquera das sedes de F4E: Barcelona (España), Cadarache (Francia) ou Garching (Alemaña). Este proxecto comezará en outubro 2020.

Prazo de inscrición:

Do 4 xuño de 2020 ao 25 de xuño 2020 (aquelas persoas interesadas poderán solicitar un máximo de 3 postos).

Perfís demandados

• Enxeñeiros e físicos

• Avogados

• Expertos en recursos humanos, finanzas, adquisicións.

• Comunicadores

Para máis información sobre o programa pode premer nesta ligazón ou enviar un email a traineeships@f4e.europa.eu 

Convocatoria de axudas da USC para un mellor desenvolvemento da docencia virtual do alumnado

Destinaranse 60.000€ para a concesión destas axudas. A axuda servirá para cofinanciar o 90% do gasto da internet soportado pola persoa beneficiaria, ata un máximo de 40€.

Os gastos correspondentes a unha liña fixa ou de móbil, así como os servizos de acceso a internet non asociados a unha liña telefónica serán subvencionables. O período que abarcarán os gastos subvencionables serán do 16 de maio ao 15 de xuño de 2020.

Estas axudas estarán destinadas ao alumnado que estea matriculado nunha titulación oficial de grao ou máster no curso 2019-2020.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase a través da sede electrónica da USC, cubrindo un formulario dirixido á Xerencia da USC. Podes visualizalo pinchando aquí.

Xunto coa solicitude achegarase factura correspondente ao período subvencionable.

Prazo de presentación de solicitudes: do 2 ao19 de xuño de 2020.

As consultas sobre a convocatoria ou a presentación de solicitudes dirixiranse á Oficina Virtual de Atención da Universidade de Santiago de Compostela a través da seguinte dirección de correo electrónico: estudantado.oficinavirtual@usc.gal

Podes consultar as bases da convocatoria premendo na seguinte resolución reitoral.

 

Liña Directa lanza o reto “Big Ideas”

Liña Directa Aseguradora lanza o reto “Big Ideas”, unha competición entre os alumnos que estean nos últimos anos de grao ou que estean a cursar un Máster e así  promover a xeración de procesos de innovación abertos, o uso de metodoloxías como, por exemplo, o Design thinking ou Agile e o traballo en equipo entre outras habilidades. O reto celebrarase do do 10 ao 12 de xullo de 2020.

Persoas beneficiarias

  • Alumnos dos últimos cursos de grao e que estean a pensar estudar un máster no curso 2020-2021.
  • Alumnos de máster oficiais cunha duración de dous anos e que estean a cursar o primeiro ano do mesmo.  

Prazo de presentación de candidaturas: Do 1 ao 30 de xuño de 2020.  

Posteriormente, deberán completar os participantes a súa inscrición, facilitando a seguinte información:

  • Nivel de Estudos.
  • Cursando.
  • Achegar C.V.
  • Descrición do reto seleccionado.

Liña Directa Aseguradora a través desta competición outorgará os seguintes premios:    

Ademais, a participación no Reto “Big Ideas” dá a posibilidade de que cada un dos integrantes dos equipos gañadores poidan:

  • Facer prácticas remuneradas de ata 800€ en Liña Directa Aseguradora durante un período de 6 a 12 meses, compatible cos estudos.
  • Posibilidade de entrar no equipo de persoal de Liña Directa Aseguradora, unha vez realizadas as prácticas.
  • Mentorización ou titorización personalizada.

 

A continuación podes ver as bases do reto: