Oferta de traballo de guía turístico en varias cidades galegas

  • Empresa: Galicia experience
  • Posto: Guía turístico
  • Localización: Varias cidades galegas (Santiago, Pontevedra, Coruña…)

Galicia  experience é un equipo de mozos profesionais en historia da arte e turismo, apaixonados pola nosa terra e pola nosa cultura, que quere ensinar e ofrecer ao visitante todo tipo de experiencias. Decidiron dedicarse ao que máis lles gusta, é por iso que se formaron como Guías Oficiais de Galicia e ofrecen tanto visitas guiadas como servizos de guía acompañante por diferentes lugares de Galicia.

Requisitos:

  • Titulación mínima: Grado
  • Experiencia:No requerida
  • Categoría profesionalEmpleado
  • Residencia: Provincia vacante
  • Idioma imprescindible: Inglés – Intermedio
  • Es indispensable poseer el Título Oficial de Guía de Turismo de Galicia.

Perfil demandado:

Persoa con dominio de idiomas, gañas de aprender,don de gentes e creativa.

 

Interesados/as inscribirse en Turijobs.

Recepcionista-anfitrión en hotel de Santiago

  • EmpresaHotel Costa Vella
  • Posto: Recepcionista-anfitrión
  • Localización: Santiago de Compostela

Requisitos:

  • Titulación mínima: Bachillerato/COU
  • Experiencia: Sólo prácticas
  • Categoría profesional: Empregado/a
  • Residencia: Provincia vacante
  • Idioma imprescindible: Inglés – Profesional

Perfil demandado:

Persona dinámica, responsable e proactiva. Que se sinta cómoda co trato ao público e o traballo en equipo. Valorarase que máis alá da formación técnica se manexe con soltura nun entorno de servizo hoteleiro-hosteleiro global: programa de xestión hoteleira, idioma inglés, xestión básica, alimentos e bebidas…etc.
Valorarase igualmente un bo nivel cultural xeral e en concreto o coñecemento da cultura e xeografía locais.

Interesados/as inscribirse en Turijobs.

Bolsas de formación práctica en diversas áreas na Axencia de Turismo de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia convoca quince bolsas de formación práctica en diversas áreas para os anos 2020 e 2021, que se distribuirán da seguinte maneira:

– Catorce bolsas de formación práctica especializada para a promoción e infor-

mación turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información

turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia.

– Unha bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investi-

gación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en

materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede

da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia.

As bolsas serán indivisibles e improrrogables. Serán tamén incompatibles con calquera

outra bolsa concedida para o mesmo período e con calquera actividade laboral ou remu-

nerada.

En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solici-

tantes que foran adxudicatarias dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da

convocatoria aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias das bolsas en edicións

anteriores e que renunciaran a elas durante o seu desenvolvemento.

1- Requisitos:

  1. Nacionalidade: española.
  2. Titulación:
  3. a) Para as bolsas de formación nas oficinas de información turística os candidatos de-

berán estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes,

dalgún dos seguintes títulos: grao en turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico

superior en guía, información e asistencia turísticas; técnico superior en axencias de viaxes

e xestión de eventos. Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2014.

  1. b) Bolsa de formación na Área de Estudos e Investigación: estar en posesión de calquera

titulación superior .

  1. Idiomas:
  2. a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no

nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.

  1. b) Inglés: para as bolsas de formación nas oficinas de información turística deberá pre-

sentarse certificado B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas ou superior,

ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior.

2- solicitudes:

As solicitudes (anexo IV) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do

formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos

lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo

común( artigo 16 da Ley 39/2015).

  • Prazo de presentación: 10/12/2019 – 09/01/2020
  • Documentación complementaria a achegar no procedemento.
  1. Solicitude do Anexo IV, tamén neste anexo inclúense todo tipo de declaracións responsables que achegaranse ca solicitude.
  2. Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios e certificación académica completa, se fose o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.
  3. Declaración da orde de preferencia de destino das bolsas de oficinas de información turística,segundo o anexo V.
  4. Relación de méritos conforme os anexos VIII ou IX, segundo a modalidade de bolsa escollida.
  5. Copia dos documentos acreditativos computables dos méritos alegados.
  6. Copia dos títulos acreditativos do nivel de idiomas.
  7. Copia do certificado do Celga 4 expedido polo centro educativo correspondente.
  8. Copia dos cursos de informática realizados.
  9. Copia dos contratos de traballo ou copia do certificado expedido polo organismo onde se realizaron as prácticas.
  10. Copia do informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
  • Subsanación:

As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a

partir do seguinte ao da publicación do anuncio, para poderen emendar, de ser o caso, o

defecto que motivou a exclusión.

3- Fases do procedemento:

– Proba sobre o temario incluído no anxexo II para as bolsas de formación nas orficinas de información turística.

– Entrevista persoal no caso das bolsas para a Área de estudios e investigación.

A data e o lugar no que se realiará a proba ou a entrevista publicarase na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios).

Ao remate da bolsa as persoas beneficiarias remitirán á Axencia Turismo de Galicia unha memoria final sobre as actividades desenvolvidas visada polo/a titor/a ou responsable da oficina onde se realizaron as prácticas.

4-  Temario

  1. Temario para bolsas en oficinas de turismo:

Tema 1. Principais recursos do patrimonio arquitectónico galego.

Tema 2. Principais recursos do patrimonio cultural inmaterial galego.

Tema 3. Historia de Galicia. Principais feitos históricos.

Tema 4. Xeografía de Galicia.

Tema 5. Os recursos turísticos de Galicia.

  1. Temario para a bolsa na Área de Estudos e Investigación:

Tema 1. Estatística: inferencia, mostraxe e análise multivariante.

Tema 2. R e RStudio: manexo, tratamento, análise e visualización de datos. Xeración

de informes.

Tema 3. SQL: análise de datos e xestión de bases de datos.

Tema 4. Outras técnicas de interese:

  1. a) Sistemas de información xeográfica (GIS).
  2. b) Follas de cálculo.
  3. c) Programación (Python, HTML, aplicacións Android…).
  4. d) Marco conceptual da análise turística.

 

Podes revisar a convocatoria do Diario Oficial de Galicia (DOG) para máis información pinchando aquí.

Para tramitar en liña a solicitude podes acceder a través de este link

Revenue Manager (para titulados recentes)

  • Empresa: Eurostars Hotel  Company
  • Departamento: Revenue
  • Localización: Diferentes localizacións

Eurostars Hotel  Company, marca que engloba as cadeas hostaleiras de xestión propia de Grupo Hotusa (Eurostars  Hotels,  Exe  Hotels e  Ikonic  Hotels) ofrece un programa de formación para todas aquelas persoas que desexen iniciar a súa carreira profesional no sector da hotelaría e cuxo obxectivo é formarse en distintos departamentos nalgúns dos hoteis da nosa compañía no territorio nacional.

Grazas ao Programa de Formación en  Revenue poderás aprender e adquirir experiencia naqueles departamentos máis relevantes para un correcto desempeño nos nosos hoteis.

Se es recentemente graduado/a en ADE, Turismo ou similar, e queres desenvolverte neste sector, formámosche un plan de carreira dentro da compañía para converterche nun futuro especialista en  Revenue  Management.

Recibirás formación en distintos hoteis da compañía a nivel nacional en Recepción (6 meses), Reservas (1 ano) e  Revenue (6 meses) co obxectivo final de incorporarte no noso equipo de  Revenue das oficinas de Galicia (Chantada).

Requisitos mínimos:

  • Grao finalizado de Turismo, ADE ou similar
  • Nivel de inglés avanzado
  • Dispoñibilidade xeográfica para cambio de residencia durante os 2 anos nos que se realiza a formación nos distintos departamentos.
  • Ofrécese:

Ofrecemos:

  • Formación en distintos departamentos e hoteis nacionais
  • Paquete retributivo (salario + aloxamento) durante o programa de 2 anos
  • Contrato indefinido na incorporación definitiva nas oficinas

Interesados/as enviar CV a: rr.hh2@grupohotusa.com

3º mellor Máster de Turismo a nivel nacional

Hoxe publicouse o ránking do xornal El Mundo onde o Máster oficial de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas conseguiu acadar o terceiro posto na categoría de Turismo especializado.

 

Fonte: El Mundo

 

Este ránking, que se publica anualmente, clasifica e valora 50 especialidades de másteres en base a 25 criterios, froito da opinión de 800 profesores e expertos, antigos alumnos e empresas colaboradoras.

O Máster xa conseguiu estar entre os mellores Másteres na súa categoría o ano pasado situándose nun cuarto posto.

Fonte: El Mundo