O Máster de Turismo da USC entre os mellores

O Máster de Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Universidade de Santiago de Compostela acaba de ser seleccionado polo ranking do diario El Mundo como o 4º mellor máster na categoría de “Turismo específico” de 2018 (ver ránking).

Fonte: Diario El Mundo

A guía recolle a través dun estudo a fondo as cinco mellores entidades de cada especialidade en función de 25 criterios, a opinión de 800 profesores e expertos, antigos alumnos e empresas colaboradoras.

 

Fonte: Diario El Mundo

Esta formación de posgrao oficial, que conta con orientación investigadora, profesional e académica, está conformada por un equipo docente de máximo nivel académico.

Concesión de bolsas de formación práctica da Axencia de Turismo de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica.

Unha das bolsas destinarase á formación práctica especializada na área de estudos e investigación (dirixida a calquera titulación) e as oito restantes á formación práctica especializada na promoción e información turística (dirixidas a titulacións de grao/posgrao relacionadas co turismo).

O prazo de solicitude das bolsas rematará o día 2 de marzo 2018.

A continuación podes ver as bases da convocatoria:

 

II Fórum do Camiño de Santiago Fairway 2017

Durante esta semana celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia a segunda edición de Fairway, un fórum con feria e congreso sobre o Camiño de Santiago.

 

 

No evento déronse cita numerosos expositores e leváronse a cabo mesas de debate e poñencias así como contacontos, talleres de música e “workshops”, entre outras moitas actividades.

 

Vídeo promocional do evento

 

Esta feira profesional na que empresas e institucións amosan os seus recursos e servizos é o punto de encontro de profesionais e persoas interesadas no Camiño.

A acollida do evento foi moi boa como se pode apreciar a continuación no vídeo resumo desta edición 2017.

 

Vídeo resumo Fairway 2017

 

Fairway 3

Aquí temos o resumo do último día no #Fairway2017 . ¡Non podemos estar máis contentos coa boa acollida que tivemos! #SantiagodeCompostela #CamiñodeSantiago #Fairway

Publicada por Fairway en Miércoles, 15 de noviembre de 2017